Luns. 07.10.2024
El tiempo

O Seprona denuncia varias empresas da Costa por inclumplir a norma de transporte de marisco

A Garda Civil intercepta un transporte irregular de marisco
A Garda Civil interceptando a furgoneta que levaba irregularmente 286 kilos de marisco
O Seprona denuncia varias empresas da Costa por inclumplir a norma de transporte de marisco

Levar produtos perecederos sen a guía de transporte, ou sen coincidir o contido co declarado no documento; transportalos nunha furgoneta sen instalación isotermo rompendo así a cadea de frío, e mesturando produtos de pescadería con outros envíos.
Estas son algunhas das infraccións que o Servizo de Protección da Natureza (SEPRONA) da Garda Civil detectou nunha empresa de transporte da Costa da Morte.

O Seprona procedeu ao decomiso de 286 kilos de diferentes produtos (bogavante, centolo, buei, ourizo, percebe, nécora, cigala, robaliza, merluza, berberecho, navalla, zamburiña, ostra, mexillón e rodaballo), que foron doados ao Banco de Alimentos da Coruña, e á confección das correspondentes actas de denuncia pola irregularidade do servizo de paquetería ás empresas que o contrataron.

Marisco interceptado por transporte irregular

Comentarios