Xoves. 02.05.2024
El tiempo

Solpor e o Cluster de Turismo levan o Camiño a Alemaña

solpor e clutser en frankfurt
Solpor e o Cluster de Turismo levan o Camiño a Alemaña

A Costa da Morte e o Camiño Fisterra-Muxía estiveron moi presentes nas feiras turísticas celebradas esta semana en Hamburgo e Frankfurt (Alemaña). A Asociación Solpor foi partícipe na presencia de Turismo Galicia e o Cluster de Turismo nas feiras xermanas, levando o nome da nosa comarca.

”Alemañá é un país clave para o Camiño de Santiago, xa que tras Italia é o segundo país de orixe que máis peregrinos estranxeiros traen nas distintas rutas xacobas”, explica o vicepresidente do Cluster de Turismo e presidente de Solpor Jesús Picallo.

Os membros da corporación galega mantiveron diversos workshops coas principais axencias e touroperadores internacionais. “Trasladámoslle que viaxar a Galicia é garantía de construír novos recordos, porque o Camiño de Santiago é rico en recursos naturais, patrimoniais, culturais, gastronómicos, deportivos…” silana Picallo.

Concretamente, sinala que a prensa especializada interesouse moito na rehabilitación de Faros.

Picallo en Frankfurt
Picallo en Frankfurt

Comentarios