Stolt Sea Farm doa rodaballo Prodemar aos hospitais da área máis afectada pola pandemia
23:24 07/05/20
A empresa multinacional con base na Costa da Morte, Stolt Sea Farm (filial do grupo Stolt-Nielsen Limited) vén de facer unha doazón de máis de 1000 quilos de rodaballo aos principais hospitais das Provincias da Coruña e Ourense.
Esta acción é unha contribución da empresa para colaborar no combate á pandemia Covid-19. O obxectivo é axudar na medida dos posible, ao gran labor que se está realizando nos centros médicos máis damnificados en Galicia.