Os traballadores de Ferroatlántica volveron concentrarse ás portas da fábrica de Brens

Volven as concentracións os luns ás portas de Ferroatlántica

Esta tarde de luns, como sucederá a partir de agora cada dúas semanas, volveron as mobilizacións dos traballadores de Ferroatlántica. Coas fábricas ao 30% da súa capacidade de fabricación, e sen ninguén compromiso aínda real da Xunta, non lle queda outra aos traballadores que mobilizarse de novo, como acordaban a semana pasada nas Asembleas de Brens e Dumbría.

A cita serve para deixarlle claro aos dirixentes da empresa que non van quedar parados mirando como desaparece a única industria da comarca, pero tamén para esixirlle á Xunta unha reunión a tres bandas canto antes, ademais de pedirlle que Augas esixa o Plan de Viabilidade á empresa.

 

NOVAS DO CONFLITO #FERROATLÁNTICA