Martes. 19.03.2024
El tiempo

#FERROATLÁNTICA

A Xunta sobre Ferroatlántica: “O único que aconteceu nas últimas semanas foi unha transmisión de accións”

Marta Novoa e Noa Presas enfrontaronse no Parlamento
A voceira do PP, Marta Novoa, e do BNG, Noa Presas„ enfrontáronse no Parlamento
A Xunta sobre Ferroatlántica: “O único que aconteceu nas últimas semanas foi unha transmisión de accións”
A Xunta sobre Ferroatlántica: “O único que aconteceu nas últimas semanas foi unha transmisión de accións”

Estivo presente o conflito de Ferroatlántica esta mañá de mércores no Parlamento. E sorprende, verdadeiramente a postura da Xunta de Galicia, que segue facendo oídos xordos ás esixencias dos traballadores. A Xunta segue sen posicionarse con rotundide e mesmo parece que non cre necesario facelo.

Así o deixo patente Marta Novoa, a portavoz de Enerxía que explicou que “o único que aconteceu nas últimas semanas foi unha transmisión de accións, que só está suxeita a unha comunicación”. Nesa liña considera que “manter a actividade industrial é garante de emprego”, e afirma que se manterá “vixiante” para manter o cumprimento “indispensable da non segregación e o mantemento da actividade industrial”.

Recoñeceu a aprobación de Augas de Galicia á cancelación do leasing que tiña subscrito Ferroatlántica con Abanca, e que permitiu á empresa converterse no único titular da concesión”.

Acusacións de “encubrimento dunha venda fraudulenta”

En fronte estivo Noa Presas, voceira de Industria do BNG, que cargou contra o goberno de Feijoo, denunciando que “o Goberno do PP está en conivencia nunha operación de venda fraudulenta que o busca e a segregación das centrais hidroeléctricas pola porta de atrás“, unha stuación que se convertiría no principio do fin das fábricas.

Para o BNG, “a Xunta debe escoller entre a Costa da Morte ou Villar Mir, e pide un plan de viabilidade tras 25 anos sen investimentos que modernicen a planta de Cee”. “Non imos permitir que se clausure unha comarca enteira polas débedas que o PP teña por detrás co señor Villar Mir”, sentenciou.

NOVAS DO CONFLITO #FERROATLÁNTICA

Artigos relacionados

Comentarios