Xoves. 28.03.2024
El tiempo

Ferroatlántica avisa de que o resultado da poxa enerxética pode provocar unha baixada da produción

Fabrica de Ferroatlantica en brens
Ferroatlántica avisa de que o resultado da poxa enerxética pode provocar unha baixada da produción
​”O resultado da poxa de enerxía interrumpible, en términos económicos, significa unha redución de máis do 90% con respecto ao 2019 e que isto implicará que o prezo dos nosos produtos non vai ser competitivo no mercado global dado o alto impacto que o custo da enerxía supón neles, que é próximo ao 45%”.

Pon así a dirección de Ferroatlántica, único cliente e proveedor do fondo de inverstimento norteamericando propietario das fábricas de Cee e Dumbría, panos quentes ao que pode supoñer unha nova redución de traballo.

”Este escenario aboca á compañía da Costa da Morte a revisar os seus plans de produción de face ao ano que vén”, avisan ao valorar que o custo enerxético creceu un 25% con respecto a 2019. Faino despois de varios meses onde se reactivou bastante a produción despois dun par de convulsos anos.

”Perfílase necesaria e urxente a entrada en vigor dun Estatuto Electrointensivo que permita á industria ter un marco estable e permítalle competir en igualdade de condicións que as industrias europeas”, estiman desde a empresa, algo co que coinciden os traballadores.

Uns traballadores que tamén critican abertamente "a inoperancia e incompetencia do goberno estatal", como afirma Alfonso Mouzo, da CIG, que "vai acanas coas empresas electrointensivas". Pero tamén lembra que as fábricas costeiras teñen o plus das centrais, e sinala que "os que nos compraron dixeronnos que eran expertos en enerxía, polo tanto terán un plan B, que rebaixen a factura co que xeneran no río".

NOVAS DO CONFLITO #FERROATLÁNTICA

Comentarios