Martes. 19.03.2024
El tiempo

#FERROATLÁNTICA

Ferroatlántica reclama unha tarifa eléctrica competitiva para as industrias electrointensivas

Fábrica de Ferroatlántica en Cee
Ferroatlántica reclama unha tarifa eléctrica competitiva para as industrias electrointensivas

O comité de empresa de Ferroatlántica emitiu un comunicado de rexeitamento ante os últimos cambios realizados no sistema de poxa de interrompibilidade (BOE 3/12/19), xa que, segundo indican, estas medidas imposibilitan ás industrias electrointensivas estatais competir con outros países europeos como Francia, Alemaña ou Noruega, que contan con unhas tarifas moito máis beneficiosas. Ademais, afirman que poñen en risco a supervivencia das fábricas e a continuidade dos postos de traballo ao facilitarlle ás direccións das empresas os recortes de produción e condicións laborais e a destitución postos de traballo con motivo do prezo da electricidade.

Dende o comité esixen ao Goberno de Estado que cumpran co establecido no Real Decreto 20/2018 e aprobe de xeito inmediato un estatuto para o consumidor electrointesivo, medida que estaba prevista para un prazo de 6 meses e que aínda segue sen ser unha realidade a piques de cumprirse un ano.

É por isto que o comité de empresa de Ferrroatlántica indica que, ante esta situación,  “vémonos na obriga de mobilizarnos e levar a cabo protestas ou calquera acción encamiñada a loitar por unha tarifa eléctrica competitiva para a industria electrointensiva como é a nosa e a defensa dos nosos postos de traballo”.

O próximo 10 de decembro a CIG ten convocada unha concentración ás 11 horas diante da Delegación do Goberno para reivindicar unha tarifa industrial xusta, estábel e competitiva para a industria electrointensiva, dando continuidade deste xeito ás mobilizacións que vén realizando dende hai un ano en demanda de solucións para reverter a situación agónica do sector.

Comentarios