Luns. 18.11.2019
El tiempo

Poucas variacións no Comité tralas eleccións sindicais de Ferroatlántica de Cee-Dumbría-CCHH

Imaxe dunha asemblea de traballadores de Ferroatlántica do pasado 2017-Foto-Rafa Quintans
Imaxe dunha asemblea de traballadores de Ferroatlántica do pasado 2017-Foto-Rafa Quintans
Poucas variacións no Comité tralas eleccións sindicais de Ferroatlántica de Cee-Dumbría-CCHH

Este pasado venres, as fábricas de Ferroatlántica de Cee e Dumbría e nas Centrais Hidroeléctricas, celebraban as súas eleccións sindicais no marco dun tenso ambiente entre os propios traballadores promovido pola situación de inestabilidade que viven as fábricas. E os resultados deixan a cousa moi semellante a como estaban, con 6 membros da CIG, 4 de CGT e 3 de UGT.

A CIG segue a ser a primeira forza, ao obter o 51.15% dos votos (un 5% máis que nas anteriores eleccións), 156 votos do total de 317 papeletas emitidas, fronte aos 94 de CGT e os 55 que recibiu a UGT (houbo 8 papeletas en branco e 4 nulas).

Unha vez finalizadas as eleccións seguro que volverán as mobilizacións.

NOVAS DO CONFLITO #FERROATLÁNTICA

Artigos relacionados

Comentarios