As últimas tendencias en cociñas achéganse á Costa da Morte
Sempre foi a cociña o centro da vida nas casas da Costa da Morte. Algo que non mudou ca pandemia, máis ben todo o contrario. As nosas cociñas pasan por ser o espazo onde a vida percorre, onde a vida pasa, onde a vida se disfruta.
Poucas cociñas quedan con aquelas marabillosas lareiras e os bancos para sentar arredor do lume. As últimas tendencias en cocinas tenden máis a unha cociña moderna, útil e práctica. Por exemplo, as cociñas abertas ao salón, as cociñas con illa… son as novidades máis habituais neses tempos.
Así o consideran dende Salume Cocinas, empresa herculina especializada no asunto. Con tendas en Perillo e un showroom en plena rúa San Andrés, ofrecen un servizo de reformas integrales en Coruña e toda a provincia, cun diseño de cocinas a medida totalmente personalizadas, mesmo facendo proxeccións 3D para que poidas ver como vai quedar.
O último
Dende Salume nos presentan unha das propostas máis innovadoras para a cociña, un espazo que cada vez cobra máis protagonismo no noso día a día, para mellorar a funcionalidade e, polo tanto, a calidade de vida no fogar.
Cunha garantía total de 5 anos, presentan Cooking Surface Prime, o futuro da indución. O novo sistema de cocción por indución oculta mediante un proceso de integración entre material e tecnoloxía que permite ocultar, abrir espazos e liberar superficies.
Trátase dun novo concepto que integra deseño e tecnoloxía a través dunha perfecta simbiose entre a placa de indución e o material porcelánico, creando un produto único e versátil que permite aproveitar ao máximo a superficie de traballo. Un desenvolvemento revolucionario, útil e moi práctico pola súa funcionalidade e potencia, pero tamén pola súa hixiene e facilidade de limpeza.
Este sistema está especialmente deseñado para a súa integración nas solucións de deseño máis vangardistas, ofrecendo a máxima calidade cun deseño minimalista que se adapta perfectamente a calquera espazo.