En que investiron o POS os Concellos da Costa da Morte?
Analizabamos no mes de abril como investían os 19 Concellos costeiros os cartos do Plan Único da Deputación. Mesmo o noso especialista en Economía Municipal Domingo Guerra daba a súa opinión sobre este Plan que permite mellorar a eficiencia das subvencións ás administracións locais, así como aumentar a súa liberdade para escoller onde investir os fondos.
En calquera caso, comprobamos que o gasto corrente e asfalto foron os principais destinos dos 19 millóns (10 ademais doutros 9 pendentes de aprobar no POS Adicional) que a entidade provincial destinou aos concellos da bisbarra.
POS + 2022 |
GASTO CORRENTE |
INVESTIMENTOS | REDUCIÓN DÉBEDA |
GASTO SOCIAL ADICIONAL 1/2022 |
POS+ ADICIONAL 2/2022 |
TOTAL |
CABANA | 80.408,13 | 251.627,75 | 67.023,89 | 402.143,41 | 801.203,18 | |
CAMARIÑAS | 141.173,00 | 120.062,63 | 10.587,98 | 49.410,55 | 296.463,30 | 617.697,46 |
CARBALLO | 560.654,83 | 402.704,01 | 196.229,20 | 1.177.375,14 | 2.336.963,18 | |
CARNOTA | 79.307,85 | 173.969,81 | 11.116,16 | 51.875,43 | 311.252,53 | 627.521,78 |
CEE | 176.350,34 | 174.497,42 | 61.722,62 | 370.335,71 | 782.906,09 | |
CORCUBION | 57.855,71 | 47.164,50 | 20.249,50 | 121.496,99 | 246.766,70 | |
CORISTANCO | 622.744,30 | 91.816,12 | 550.896,70 | 1.265.457,12 | ||
DUMBRIA | 100.409,19 | 197.774,14 | 68.752,21 | 412.513,27 | 779.448,81 | |
FISTERRA | 30.075,77 | 150.155,55 | 39.679,97 | 238.079,77 | 457.991,06 | |
LARACHA | 293.515,02 | 423.382,43 | 102.730,26 | 616.381,54 | 1.436.009,25 | |
LAXE | 40.000,00 | 133.572,22 | 39.402,85 | 236.417,10 | 449.392,17 | |
MALPICA | 162.721,50 | 213.285,28 | 56.952,53 | 341.715,15 | 774.674,46 | |
MAZARICOS | 277.150,71 | 285.512,00 | 97.002,74 | 582.016,49 | 1.241.681,94 | |
MUROS | 412.353,32 | 15.090,59 | 70.422,74 | 422.536,44 | 920.403,09 | |
MUXIA | 61.336,51 | 485.093,66 | 79.804,45 | 478.826,73 | 1.105.061,35 | |
PONTECESO | 212.554,42 | 234.735,73 | 74.394,05 | 446.364,28 | 968.048,48 | |
SANTA COMBA | 52.713,00 | 545.246,00 | 126.478,89 | 758.927,34 | 1.483.375,34 | |
VIMIANZO | 309.424,85 | 175.471,49 | 108.298,70 | 649.792,19 | 1.242.987,23 | |
ZAS | 244.513,70 | 394.657,44 | 85.579,81 | 513.478,77 | 1.238.229,72 | |
TOTAL | 2.880.164,53 | 5.444.009,68 | 36.794,73 | 1.487.826,51 | 8.927.012,85 | 18.775.818,41 |
Obras
Hoxe a Deputación fai repaso máis concreto deses investimentos do POS+2022, e traénos cifras concello a concello. A cifra de Investimentos é a máis importante, con case 5,5 millóns de euros. É aí, entre as máis de 60 obras que se executan con eses cartos, onde se inclúen as obras de asfaltado de pistas e acondicionamento de estradas. Así, algúns concellos destinan integramente a parte de investimentos do POS a estas melloras viarias: Concellos de Dumbría (197.774 €), Fisterra (150.155 €), A Laracha (423.382 €), Laxe (133.572 €), Malpica (213.285 €), Muxía (485.093 €), Vimianzo (175.471 €) ou Zas (394.657 €).
Porén, tamén hai concellos que escolleron proxectos humanización de rúas e espazos públicos, mellora nas redes de iluminación e saneamento, ou actuacións en instalacións municipais.
Entre os investimentos a propia Deputación destaca a mellora da iluminación do campo de fútbol do complexo deportivo As Eiroas de Carballo (260.065 €), a conservación e mantemento da piscina municipal da Rocheira (209.479€) e renovación do campo de fútbol da Rocheira (176.466 €) en Coristanco, construción dunha senda peonil a Lingunde (71.662 €) en Camariñas, melloras de saneamento en Borreiros (Cee), rúa xeneral Mourelle (Ponteceso), rúa Salvador Allende (Corcubión), e O Piñeiro (Coristanco), entre outras.
Gasto Social
Outra partida, esta imposta con bo criteiro ao noso entender pola Deputación, é a 1,5 millóns de euros destinados para financiar gastos sociais.
As contías repartidas nos diferentes municipios oscilan entre os 20.249 euros de Corcubión e os 196.229 euros que recibe Carballo. Reforzo do persoal adscrito aos servizos sociais e axuda no fogar, creación de axudas para a cobertura de necesidades básicas coma vivenda, alimentación, gastos médicos e farmacéuticos ou escolarización dos colectivos máis vulnerables son algunhas das cuestións ás que os concellos están a destinar estes fondos.
Gasto Corrente e redución de débeda
Só Coristanco e Muros non destinaron parte do POS a financiar gasto corrente, que inclúe servizos básicos como o alumeado municipal ou a recollida de lixo.
E o únicos concellos da comarca que destinan este ano parte dos fondos a redución de débeda son Camariñas, Carnota e Muros.
Novas relacionadas
- Domingo Guerra: POS + 2022.
- Asfalto e gasto corrente, sen consenso: Así gastan o POS os Concellos da Costa da Morte: