Luns. 07.10.2024
El tiempo

Asfalto e gasto corrente, sen consenso: Así gastan o POS os Concellos da Costa da Morte

Obras en Barizo
O asfaltado de estradas é unha das accións máis recurridas polos Concellos para aproveitar o Plan Único da Deputación
Asfalto e gasto corrente, sen consenso: Así gastan o POS os Concellos da Costa da Morte

Chegaba para revolucionar o xeito de axudar máis aos concellos, de darlle máis liberdade á hora de decidir en que empregar os cartos provinciais. O propio presidente da Deputación, Valentín González Formoso, valora a importanciada “transparencia e autonomía municipal” que ofrece un Plan de Obras e Servizos transformado no coñecido como Plan Único que ten deixado “investimentos por valor de 80 millóns de euros e 502 obras que melloran as infraestruturas municipais e calidade de vida do veciños”.

Pero analizando as visitudes e o tipo de obras afrontadas polos Concellos, poderíamos pensar que os gobernos municipais poderían recibir algunha directriz para diferenciar o importante do vistoso.

Os Concellos empregan o POS, fundamentalmente, en 3 vías: gasto corrente; o Servizo de Axuda ao Fogar (a parte que lle toca ao Concello dun servizo absolutamente necesario que a Xunta só asume de xeito parcial); e as melloras viais, o asfaltado. Tres temáticas para as que os concellos xa teñen que gastar si ou si, pero que se lle presentan máis doadas para a xustificación, e só gracias á obriga de deixar unha parte para o eido Social, como aconteceu co POS pandémico do ano pasado, si que vimos como os Concellos gastaban en necesidades máis alá do asfalto.

Vicisitudes

Outra reflexión merece os periplos que están sucedéndose nos plenos municipais.

Se ben boa parte dos concellos con maioría absoluta non tiveron demasiados problemas para aprobalo (foi o caso de Mazaricos, Zas, Vimianzo, Cabana, A Laracha ou Camariñas.

Pero a falta de negociación e consenso, nun asunto tan sinxelo como decidir que obras se afrontan, deixa en numerosas ocasións exemplos deplorables.

Así, nos atopamos co circo plenario de Muxía xa provocou a perda do primeiro prazo, tomando o triste relevo pontecesán, onde só a falta de varios edís permitiu que, co voto de calidade do alcalde, saíse adiante un POS que tampouco tiña consenso.

En Santa Comba pasou algo semellante, e a marcha de parte da oposición durante o pleno antes da votación permitiu a súa aprobación.

Grave tamén foi o caso de Laxe, onde o grupo de goberno aprobou o Plan nun pleno convocado en horario matinal ao que non puideron asistir, por motivos laborais, ningún dos edís da oposición, que tampouco fora invitada a participar do consenso.

 

Outras novas sobre o POS

Comentarios