Unha Semana Santa de surf e natureza en Carnota da man de tres proxectos emprendores da Costa da Morte
18:28 29/02/16
Surf con Abel Lago WaterSports no Campamento de Semana Santa de Carnota
Praia ou montaña? lecer ou patrimonio? Preguntas moi recorridas na selección de onde pasar as vacacións, ou de onde enviar as nosas fillas e fillos. Pero, e se non tivésemos que elixir? O tramo final da Costa da Morte ofrécenos estes recursos: amplos areais ou escondidas calas e un monte cargado de historias e lendas, o Monte Pindo.
Esta Semana Santa, que este ano adiántase para coincidir co comezo da primavera, tres proxectos emprendedores da Costa da Morte (Miraxe, Abellago Watersports e Portaventosa), únense para ofrecer un campamento de surf e natureza dirixido @s cativ@s da casa, de 10 a 14 anos. Serán tres días para gozar do entorno e as posibilidades que ofrece este territorio, como introducirse ou mellorar na práctica do surf nas praias de Carnota ou Area Maior (Louro), remar pola ría de Muros, ou descubrir os segredos que agocha o Olimpo Celta, o Monte Pindo.
Subir al Monte Pindo será unha das actividades para os cativos
Así, do 20 o 24 de marzo, Carnota acolle un campamento de surf e natureza dirixido os máis pequenos da casa. As actividades consistirán en dúas mañás, ou tardes, dependendo das condicións meteorolóxicas, dedicadas á práctica do surf ou padel surf, ben sexa iniciación ou perfeccionamento. As clases estarán o cargo da escola local Abellago Watersports, administrada polo campión do mundo de Kitesurf en 2010, Abel Lago.
Outra das xornadas terá lugar cunha Monte do Pindo, onde os cativos e cativas terán a posibilidade de descubrir os misterios que agocha o Olimpo Celta Galego, e pasar o día realizando diferentes actividades temáticas e xogos no territorio da mismísima Raíña Lupa.
As actividades lúdicas, tanto de día como as veladas da noite, estarán a cargo de Miraxe, unha nova iniciativa carnotana dirixida o lecer e tempo libre d@s pequen@s da casa, e promovida por monitores con ampla experiencia no sector.
O Albergue de Lira, Portaventosa, será a base de operacións deste campamento, ofrecendo pensión completa @s participantes. Eles, tamén serán os encargados de realizar a interpretación da paisaxe e patrimonio durante a xornada no Monte Pindo.
Campamento de Surf e natureza en Carnota
Información e reservas
A recepción d@s asistentes terá lugar durante a mañá do luns, 20 de marzo, no Albergue de Lira, mentres que a despedida será durante a mañá do xoves, día 24. Existen descontos se os participantes reservan xunto con amig@s ou outros membros da familia. Tamén se ofrece servizo de transfer dende Coruña e Santiago para as mañás de recepción e despedida. Todas as actividades realizadas dentro deste Campamento de Surf e Natureza están cubertas por un Seguro de Responsabilidade Civil. Para máis información poden contactar co Albergue de Lira, Portaventosa, ou enviar un mail a [email protected]. Que faremos? Bautismo de surf ou Ruta en Paddle surf. Dúas mañás, ou tardes, dependendo das condicións meteorolóxicas, estarán dedicadas á práctica do surf ou padel surf, ben sexa iniciación ou perfecionamento. As clases estarán o cargo da escola local Abellago Watersports, administrada polo campión do mundo de Kitesurf en 2010, Abel Lago. Lugar de realización: As clases de surf terán lugar na praia de Carnota ou Area Maior, mentres que as actividades de padel surf serán na praia de Mar de Lira ou na Ría de Muros. A selección das localizacións dependerá das condición meteorolóxicas. Todo o material preciso para realizar estas actividades será provisto pola escola.- Un día no Olimpo Celta.Os cativos e cativas terán a posibilidade de descubrir os misterios que agocha o Monte Pindo, e pasar o día realizando diferentes actividades temáticas no territorio da mismísima Raiña Lupa. Tras a baixada do Monte, continuaránse as actividades lúdicas na praia de Carnota. Todas elas serán levadas a cabo polo equipo de Miraxe. *A realización desta actividade dependerá das condicións meteorolóxicas.
- Actividades lúdicas e creativas A animación do resto das actividades do campamento, fora das acuáticas, correrán a cargo de Miraxe, quén organizará para os cativos e cativas, dende obradoiros creativos, veladas, xogos ou tiro con arco.
- Abellago Watersports: Creada na primaveira do 2014 polo campeón de kite surf local Abel Lago, esta escola situada na praia de Area Maior (Louro) dedícase a impartir cursos de surf, kite surf, bodyboard e paddle surf para todos os niveles.
- Portaventosa: Poxecto turístico nacido no verán do 2015, con base no Albergue de Lira (Carnota), co propósito da posta en valor do entorno patrimonial e natural que ofrece a fronteira sur da Costa da Morte.
- Miraxe: Empresa de lecer e tempo libre de recente creación situada en Carnota. Os seus promotores teñen unha ampla experiencia como monitores de tempo libre en campamentos e actividades con cativas e cativos.
- Comidas e ceas: 14.00 h e 21.00h.
- Actividades de mañá: 10.15 – 13.45 h.
- Actividades de tarde: 16.15 – 19.45 h.
- Veladas: 22.00 – 24.00 h.
Máis información
Fonte
- Enlace patrocinado.