Venres. 26.04.2024
El tiempo

A vila suiza de Moutier vive un referendum para integrarse no Cantón de Jura

Valentin Zuber, concelleiro municipal en Moutier, un dos líderes proJura e Xosé Abelenda, ex-portavoz do BNG en Suíza
Valentin Zuber, concelleiro municipal en Moutier, un dos líderes proJura e Xosé Abelenda, ex-portavoz do BNG en Suíza, despois da vitoria do Si no referendum de 2017
A vila suiza de Moutier vive un referendum para integrarse no Cantón de Jura

Historicamente, a poboación de Moutier, unha pequena vila de pouco menos de 8.000 habitantes do Cantón de Berna, sentiuse parte do veciño cantón de Jura. De feito, aló polos anos 70 chegou mesmo haber accións de guerrilla, e mesmo en 2017 xa houbo unha votación sobre a independiencia da vila.

Unha vila chega de galegos, chea de xente da Costa da Morte, que coa integración en Jura tería moito máis peso no seu cantón (o de Berna, ten xa a capital e suma máis un millón de habitantes). De aí a importancia deste novo referendum (si, referendum de indepencia, algo visto con total normalidade no país helvético), que se celebra este domingo.

No 2017, despois do voto popular o pobo decideu integrase na República e Cantón do Jura, unha reclamación dende a capital (que non quere desfacerse desta pequena vila industrial con gran poder adquisitivo) provocou a revocación das eleccións.

Dende o BNG de Suiza están mobilizando o voto polo si, considerando que ademais da importancia do peso poboacional no novo cantón, “fiscalmente será beneficioso para a grande maioría das persoas, mudar de cantón e a xente moza terá máis posiblidades nun cantón francófono, xa que a oferta en materia educativa en Berna, está case toda orientada cara os xermanófonos, importante este feito, xa que as competencias son cantonais”.

Comentarios