A Costa da Morte de Lois Patiño triunfa en Locarno

Presentábase o vigués Lois Patiño ao 66 Festival de Locarno coa súa longa "Costa da Morte" para o "Concurso Cineastas do presente". E volve co premio ao Mellor Director Emerxente deste esixente festival suizo.

Unha gran nova para o novo cine galego como para a nosa bisbarra que segue engrandecendo a súa simboloxía gracias a traballos coma este. Un traballo que trata de conseguir un equilibrio entre a sociedade rural galega e a nosa natureza, que trata de establecer un diálogo entre os nosos veciños e os nosos colitros.

Esta produción de Zeitun Films segue así a súa promoción levando o nome e a indiosincrasia da nosa bisbarra polo mundo adiante.

Máis información

Novas relacionadas

Máis novas

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasancosta.com).