Venres. 29.03.2024
El tiempo

A paisaxe e a tradición da Costa da Morte protagonizan a próxima documental de Lois Patiño

A paisaxe e a tradición da Costa da Morte protagonizan a próxima documental de Lois Patiño
  • "Nun entrar do home na paisaxe e da paisaxe no home creouse a vida eterna de Galiza"

Esta cita de Castelao é unha ideas nas que se basea o vigués Lois Patiño para aproximarse ao "espazo mítico" da Costa da Morte. Así o cataloga o autor, que baseará a súa primeira longametraxe na paisaxe, un das meirandes potencias da nosa bisbarra.

A documental servirá de ensaio sobre a relación entre a paisaxe e a persoa, repasando como os traballos tradicionais se mesturan co entorno natural. Sastres, mariñeiros, granxeiros... serán os protagonistas, mesturando as súas palabras con pezas puramente paisaxísticas.
“Interésame o diálogo que se establece entre a persoa e o contorno durante ese traballo e como as paisaxes se van cargando de significados”, apunta.

Estaremos atentos ao resultado, pero polo de pronto deixámovos con 3 pezas paisaxísticas e etnográficas: un bosque, uns percebeiros na mar, e unha curiosa escena no peirao corcubionés.

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios