Mércores. 03.06.2020
El tiempo

A Illa do Lixo. Unha nova xoia audiovisual do IES de Baio

A Illa do Lixo. Unha nova xoia audiovisual do IES de Baio

Non é a primeira vez que quedamos ca boca aberta cun traballo audiovisual dos rapaces baieses do IES Maximino Romero de Lema. O ano pasado trouxemos ata 5 vídeos nos que o patrimonio natural era o protagonista, e nos que os alumnos facían de auténticos reporteiros.

Boa mostra do seu traballo podémola atopar na Revista Dixital "A Cidá", na que recollen anualmente boa parte das súas actividades.

Este ano, ademais da folga, da participación no Día Mundial dos Océanos... o centro participou no Proxecto RE-ACCIÓN, coordinado polo Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia, CEIDA, e financiado pola Fundación Española para la Ciencia y la Tecnología-Ministerio de Economía y Competitividad. E os alumnos baieses, deixáronnos esta xoia chamada A Illa do Lixo:

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

Video IES Baio Illa do Lixo

comentarios