Xoves. 19.09.2019
El tiempo

O apagón do torreiro

O apagón do torreiro

Queremos adicar a fin de semana aos torreiros, aos fareiros, e o facemos a través desta fermosa documental de Pablo Cés. I é que o traballo "Torreiro, un oficio centetario que se apaga" reflicte moi ben a morte dun modo de vida.

Cés, que ten a vida do fareiro ben presente pola súa familia, quixo recuperar e homenaxear a historia destas persoas. E nunha viaxe por terra e mar aos faros máis representativos de Galicia, dá voz aos últimos torreiros en activo. Unha viaxe que serve ademais para disfrutar coa beleza do patrimonio arquitectónico e paisaxístico destes emblemáticos lugares.

Podedes comprobar o seu traballo en torreiros.com, pero aquí tamén vos deixamos coa pequena peza de presentación da documental, que xa se pode adquirir dende a web.

Teaser Torreiros HD from Pablo Ces on Vimeo.

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

DVD Torreiros de Pablo Ces

Comentarios