![Documental naufraxio de Laxe Mandeo Records Documental naufraxio de Laxe Mandeo Records]()
Estaba prevista a presentación do documental Naufraxio para o pasado venres, pero finalmente será este venres 21 de novembro de 2008 no Salón de Actos de Laxe, a partir das 20:30. Un documental que reflicte como é por dentro o Naufraxio de Laxe, ese emotivo evento que cada 17 de agosto, nada menos que dende o 1962, lembra aos mortos do mar.
Na presentación contarase ca presenza de Antonio Carracedo Sacedón, alcalde do Concello de Laxe e
Daniel López, director e guionista do documental
A inciativa do documental parte dos mesmos mariñeiros, da Confraría e do seu proxecto de
Mar de Laxe, co que querían ver representado o seu evento máis importante do ano, co mentes en poder amosalo polo mundo adiante. S
on xa case que 50 anos os que leva Laxe facendo esta ofrenda, algo que por aquí case que nin nos decatamos.
O obxectivo fundamental é o de dignificar a profesión de mariñeiro, destacando o orgullo de pertencer a unha profesión vencellada ó mar, facendo ao mesmo tempo unha homenaxe a todos eses mariñeiros que un bo día non puideron regresar.
A documental
![naufraxio de Laxe-Avelino Avelino, un dos culpables da celebración do Naufraxio de Laxe]()
O pasado 17 de agosto cámaras do estudio de gravación
Mandeo Records, ocupáronse de recoller as mellores imaxes da procesión da Virxe do Carme e da representación do Naufraxio.
Conta ademais música orixinal específica para o documental do propio Daniel López, director e guionista do mesmo.
Unha voz gastada presenta coa súa voz en off o documental, unha voz gastada que representa aquel que pasou anos e anos baixo o fondo do mar logo daquel tráxico naufraxio.
Figuras como
Avelino (aquí enriba), o home que trouxo a idea do acto logo de velo no Perú, ou
Raúl (na foto de arrina na esquina superior dereita), que tomou o testigo de Avelino na dirección da festa, son varios dos protagonistas do documental. Un documental que conta cos mariñeiros, a meirande parte novos, que son que fan de actores para honrar aos mortos da man da Virxe do Carme, a patroa.
O documental partíu dunha idea da Cofradía de Laxe e o seu innovador proxecto
Mar de Laxe. Conta coa subvención da Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos, e está dirixido por Daniel López, con fotografía de Caamaño Castro e montaxe de Raquel Castro. O equipo derodaxe é da compañía Clack Produccións, todo baixo o control da produtora Mandeo Records.
Podedes ver un adianto do documental na web
www.mandeorecords.com, do que están extraídas estas imaxes. Impresionante. Aquí queda:
Novas relacionadas![Image Image]()
![Image Image]()
Fonte
- Redacción de QPC ( info@quepasanacosta.galEste enderezo de correo-e está protexido contra spam bots, necesitas ter o Javascript activado para podelo ver ).
![Image Image]()