Venres. 29.03.2024
El tiempo

A #AxendaCostadaMorte despide o mes de outubro con varias citas teatrais

A #AxendaCostadaMorte despide o mes de outubro con varias citas teatrais
Os amantes das artes escénicas están de noraboa esta fin de semana. Varias vilas da #CostadaMorte acollerán distintas representacións de compañías de primeiro nivel e para todos os gustos. Comedias, para o público infantil, sobre o alzhéimer,... serán algunhas das propostas que recolle a #axenda desta última fin de semana do mes de outubro. Tamén hai un oco para outras actividades máis didácticas, como o ciclo de Monografías do Allo, e para visitar espazos históricos da comarca como o Castelo de Vimianzo, os Batáns do Mosquetín, os faros,... Pero antes, coma sempre, o parte costeiro que nos manda 4gotas: A fin de semana será anticiclónica, pero xa non tan "tranquila" coma estes días. O venres será un día de VERÁN. Con mínimas que en puntos do litoral non baixarán dos 20 graos!!! E quedarán nos 13-15 nos vales do interior. Polo día as temperaturas superarán amplamente os 25 graos. O sábado, por mor dun lixeiro movemento do anticiclón, malia que seguirá o sol, comezará a soplar o vento e a alonxarse esta masa de aire tan cálido. O sábado baixarán 5-6 graos as temperaturas diurnas. Seguirá o sol, pero non irá tanta calor no mediodía. O domingo soprará con intensidade o nordés e no litoral norte e no interior irá fresco (malia que seguirá o sol). No litoral oeste aínda acadaremos os 22-23 graos.  

Fiot

  • A 26ª edición do Festival Internacional Outono de Teatro - FIOT - de Carballo chega esta fin de semana ao seu fin cunha estrea absoluta. "Fillos do sol" é o nome da nova coprodución entre o FIOT e a compañía Contraproducións que se estreará hoxe, ás 21 horas, e se repite mañá sábado, ás 20:30 horas.
  • Microteatro no FIOT. O 2º andar da taberna O Mexillón acolle mañá sábado, de 11 a 14 horas e de 18 a 21 horas, o traballo de Iria Sobrado que bautizou como "Brinde".

Teatro

  • XII Mostra de Teatro en Malpica. Esta noite volve o teatro ao centro cívico de Malpica. Faráo da man da compañía Dura Lex que trae a súa comedia "Volta e dalle". A cita, que comeza ás 20:30 horas, está indicada para maiores de 14 anos.
  • Os Bolechas visitan Baio. O centro sociocultural de Baio - no concello de Zas - acolle mañá ás 18:30 horas o espectáculo“Os Bolechas. De Chispa a Tatá, imos de Moraña a Zas”.  A entrada é de balde ata completar aforo.
  • Teatro en Vimianzo. A compañía EME2 trae mañá á casa da Cultura de Vimianzo a súa obra "Get Back". A función comeza ás 21:30 horas e o custe da entrada é de 5€ (hai tarifa reducida para desempregados, xubilados e estudantes).
  • Teatro en Muxía. O salón dos Voluntarios de Muxía acolle mañá, ás 20 horas, o espectáculo "As fillas bravas" de Chévere. A entrada (1€) pode collerse no mesmo lugar a partir das 19:30 horas.
  • Teatro en Muros. A asociación coruñesa Tortaconventos presenta mñá (ás 20 horas na casa da Cultura de Muros) o seu espectáculo "O xuramento de Drake ao pé da Torre de Hércules".
  • O mes da Fundación. Esta fin de semana toca o seu fin os actos organizados pola Fundación Fernando Blanco de Cee co gallo do Mes da Fundación. Hoxe pola mañá, a cita será no instituto de secundaria con "Teatro e memoria. Obradoiro para espectadores". E mañá a compañía ButacaZero trae o seu espectáculo sobre a enfermidade do Alzhéimer "Na butaca. Fantasía nº3 en Do Maior" á casa da Cultura de Cee. A cita comeza ás 20:30 horas.

Monografías no Allo

Outras citas

  • Recital de Manolín en Cee. A casa da Cultura de Cee acolle hoxe, a partir das 20:15 horas, Manuel Oliveira - "Manolín" - ofrece o seu recital "Pasado e Presente".
  • Acto histórico en Salto. Co fin de fomentar o uso da lingua galega nos actos fúnebres, o concello de Vimianzo organiza a iniciativa “En galego, agora e sempre” no cemiterio de Salto, onde tamén se lle rendirá unha homenaxe á mstra Carmen Neira Marcos. O acto comeza ás 17 horas.
  • Foliada en Anos. O mesón O Xastre de Anos acolle mañá, a partir das 19 horas, unha foliada cos Gaiteiros de Anos, o Son do Castro e Os Farrapos.
  • Outono en marcha. A asociación ecoloxista Senda Nova pon en marcha o seu Outono máis cultura cunha camiñada entre Coristanco e Carballo percorrendo a Vía Alcaianus.
  • Magosto deportivo en Ponteceso. A AD Abellariza - en colaboración co concello de Ponteceso - organiza para este domingo un Magosto Deportivo – Día do Deporte na rúa. A cita será no campo da feira da vila a partir das 16 hroas e haberá partidos de baloncesto, badminton, voley, tenis de mesa, fútbol, música, castañas, rosca, chocolate e moita diversión.Haberá carpa e música. 

Exposicións

  • Castelo de Vimianzo. A fortaleza así como a súa mostra de artesanía ao vivo pódese visitar martes a domingo de 10:30 a 14 e de 16 a 19 horas. Visitas guiadas gratuítas: sábado e domingo ás 12 e ás 19 horas.
  • Conxunto etnográfico do Mosquetín. O conxunto de muíños e batáns do Mosquetín abre as súas portas todos os días da semana dende as 11 horas ata ás 18 horas. Os sábados e os domingos hai visita guiada ás 13 e ás 18 horas.
  • As Torres do Allo, en Zas, abre sábados e domingos e festivos  (de 11 a 19 horas). Ademais, o pazo acolle unha mostra de pezas de Olería de Buño e ofrece visitas guiadas gratuitas ás 13 e ás 17 horas.
  • No dolmen de Dombate ofrécense visitas guiadas todos os días de 10:30 a 14 e de 16 a 18:30 horas.
  • galería turística Stoupa de Cee acolle durante o mes de outubro unha mostra cos traballos artísticos de Nando Lestón. A exposición pode verse de luns a sábado en horario de 12 a 14 horas e de 18 a 21 horas.

Fonte

Comentarios