Venres. 03.05.2024
El tiempo

A Carballo Gústalle o Galego con 46 artigos normalizadores

A Carballo Gústalle o Galego con 46 artigos normalizadores

Non cabe dúbida que o concello capital de Bergantiños é un Concello ao que lle gusta o galego. Unha das propostas é o IX Premio a artigos xornalísticos normalizadores, que se pechou con 46 traballos presentados. Pero ademais, esta pasada fin de semana, IES Parga Pondal, e a vindeira o Alfredo Brañas, disfrutaron dunha sesión coa campaña "Gústame o galego".

"Gústame o galego" en Carballo por partida doble

A campana Gustame o galego no IES Parga Pondal de Carballo

Gústame… que nos pubs poñan música en galego. Gústame... que intentes falar galego, aínda que che custe un pouquiño. Gústame... o galego ata no carné de identidade. Gústame... como empezan a falar galego @s pequerrech@s. Gústame... que no deporte o galego non quede fóra de xogo…
Estas son algunhas das suxestivas frases coas que o alumnado e profesorado dos IES Alfredo Brañas se poderán retratar maña, martes 16, para dicir que lles gusta o galego.

Gústame o galego é unha campaña xeral de fomento da lingua coa que se visibiliza o apoio individual de persoas ao proceso de normaliza­ción lingüística a través de fotos con frases suxestivas sobre o uso do galego en diversos ámbitos e situa­cións.

Así, despois do seu paso polo IES Parga Pondal o pasado 11 de abril, o posadoiro de Gústame o galego estará hoxe, martes 16, no IES Alfredo Brañas, en horario de 10.00 h a 13.00 h.

Artigos normalizadores

O Concello de Carballo recibiu –unha vez finalizado o prazo de presentación o pasado 11 de abril– un total de 46 traballos para o IX Premio a artigos xornalísticos normalizadores. Os membros do xurado comezarán a analizar e avaliar os diferentes traballos e, na última semana de abril ou na primeira de maio, xuntaranse na capital bergantiñá para elixir o artigo gañador.

O xurado desta novena edición está composto por:

  • Xurxo Chapela, xornalista carballés.
  • Belén Puñal, xornalista carballesa.
  • Carlos Callón, gañador da última edición do premio.
  • Nel Vidal: como representante do Concello, secretario, sen voto.

Os obxectivos do Premio a artigos xornalísticos normalizadores son promover a reflexión sobre a situación social da lingua galega, crear espazos nos xornais para analizar e promocionar o uso e prestixio do idioma galego e promover o uso do galego na prensa.
Nas oito edicións anteriores foron premiados/as autores/as como Xurxo F. Carballido, Olga Patiño, Ana R. Barreiro, Ramón Vilar, Miguel Mosquera, Séchu Sende, Kiko Novoa, Xesús Fraga, Pilar García Negro, Marica Campo, Marcos Abalde ou Carlos Callón.

O gañador ou gañadora desta edición darase a coñecer a comezos de maio.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios