A música ghalegha daghora está “On the road”

Chega un tremendo de espectáculo itinerante que os organizadores de festas da Costa da Morte xa poden achegarnos. Galicia on the Road é o auténtico Dream Team do panorama musical actual galego que pretende convertirse nunha xira continua, que promocionaremos na Axenda Sonora da Costa da Morte.

A idea é que os Concellos, Asociacións e demais organizadores de festas do país poidan programar unha xira, un concerto, un serie de citas coas mellores bandas do panorama musical actual. Co obxectivo claro de revolucionar e mudar o concepto que temos de festa, o Galicia on the Road aposta pola calidade artística e por unha coidada produción.

Bandas punteiras nos seus respectivos estilos, sen complexos e dispostas a rachar con todo! Quen solicite unha parada do Galicia on the Road na súa vila poderá escoller catro bandas de entre as seguintes para conformar o seu propio espectáculo: Niño y Pistola,Dios Ke Te CrewNovedades CarminhaO Sonoro MaxínTerbutalinaFalperrys,The CorneliusHolywaterSésDakidarríaFamilia CaamagnoIgloo... O mellor do mellor!

Máis información e contacto de Galicia On the Road

A organización xestiona por completo todo o evento: desde a contratación dos artistas e do persoal, pasando polo escenario, o son e a iluminación; ata a promoción (medios de comunicación, redes sociais, deseño personalizado de carteis e flyers...). Cada unha das paradas do Galicia on the Road implica o traballo de máis de 50 persoas e, ademais, todas as entidades que forman parte do Galicia on the Road son 100% galegas.

Máis información

Novas festivaleiras

Fonte

  • Concello de Carballo.