Martes. 23.04.2024
El tiempo

Carballo encántase con música ghalegha daghora!!

Carballo encántase con música ghalegha daghora!!
A Carballo encántalle a música galega dagora

"enCántame! en galego". É o nome do programa de concertos que propón o Concello de Carballo e a Sala A Reserva para celebrar este día das Letras Galegas. Neste primeiro ciclo, que nace coa vocación de continuidade, terán lugar tres concertos quen terá lugar os días 16, 17 e 18 de maio. Os protagonistas, bandas de referencia no país como Ulträqäns (punk folk progresivo), Balakandra (folk fusión) e Ataque Escampe (pop-roch de serie B).

Todos os concertos teñen lugar na Sala A Reserva, con apertura de portas a partir das 23.00 h. As entradas pódense mercar na propia sala carballesa ou na Taberna O Patacón, e teñen un prezo único de 4 euros para cada un dos concertos. Ademais, tamén se poñen á venda un número limitado de bonos para os tres concertos a un prezo único de 9 euros.

As Bandas

Ulträqäns é un dos grupos máis exitosos e que non faltou a ningún dos mellores festivais do panorama galego, a onde levou sempre o seu punk folk progresivo desde a Coruña con potentes, orixinais e festeiros temas no seu repertorio. A banda está formada por frauta, percusión, baixo, guitarra e voz.

Balakandra é un sexteto de folk fusión procedente de San Sadurniño, nacido en 2004 a partir do mítico grupo Saraibas. Letras comprometidas e música que fai unha viaxe polo mundo con paradas no country e o bluegrass dos Estados Unidos, nos sons latinos de Brasil ou Cuba, nos clubs de jazz americanos e nos frenéticos ritmos do este de Europa, unha longa viaxe coa mellor locomotora, o folk galego. Con todo isto, os concertos de Balakandra non deixan indiferente a ninguén, atrapando ao público nesta fermosa viaxe. En 2012 publicaron o seu primeiro disco, de título homónimo.

Ataque Escampe é un dos grupos máis orixinais do panorama galego, que escriben as súas letras con salsa agridoce. Producen músicas tristes para escenarios con cortina vermella, reverbs torturados e himnos á derrota, pero tamén rock’n'roll para desabrochar as camisas, soul hilarante e, por que non, ruído, e ruído optimista. Andan polos escenarios desde 2001 e produciron exitosos discos como Galicia es una mierda (2008), A grande evasión (2009), Violentos anos dez (2011) ou Noites de agosto (2012). Do pop á americana con paradas no krautrock, na cumbia, no tango, no rap...

Máis información

Novas relacionadas

Novas festivaleiras

Fonte

  • Concello de Carballo.

Comentarios