Venres. 19.04.2024
El tiempo

Terbutalina saca novo disco cas claves do país: festa, velocidade e empanada

Terbutalina saca novo disco cas claves do país: festa, velocidade e empanada
Ritmo Serbio novo disco de Terbutalina

Esta xente parece que nin estudia nin traballa. Estes punkis de primeira seguen a dar un cheirento exemplo á mocidade do país, sacando discos e máis discos... "Máis traballar e menos farandulear!" que lle diría algún rancio vello galego.

Pero o que non podemos negarlle é que saben cales son as forzas vivas que moven o país: festa, velocidade e empanada. Así prentenden estes bárbaros (que ata van descalzos nos concertos...) revolucionar os escenarios galegos.

Xa tomamos o seu disco Broncodilatador, xa levamos unhas Hostias para todos e mesmo nos metimos na Galicia máis bizarra con eles. Hoxe queremos presentar o seu novo disco, e con sabor balcánico, i é que "Ritmo serbio" foi gravado precisamente en Belgrado nunha viaxe que realizou a familia muradá cos colegas da Familia Caamagno.

Terbutalina e a Familia Caamagno a piques de coller o charter en Belgrado

Libre de descarga

O disco, como é norma con todos os traballos da Terbutalina, estará dispoñible en descarga gratuíta en diferentes plataformas dixitais a partir do 21 de febreiro de 2013.

Presentarase nunha festa na Sala Capitol de Santiago de Compostela o 7 de marzo.


Máis información

Novas relacionadas

Comentarios