Xoves. 25.04.2024
El tiempo

Reincidentes e O Funkillo para celebrar #10anosdemusica do Castelo Rock

Reincidentes e O Funkillo para celebrar #10anosdemusica do Castelo Rock
10 Castelo Rock de Muros 2013

Son xa 10 anos desde aquel 1º Castelo Rock no que as bandas locais acompañaban a uns emerxentes Ruxes. Anos durante os que irían desfilando grupos como Siniestro Total, Barricada, Barón Rojo, The Locos, Boikot, Gatillazo, Dios ke te Crew, Ilegales, Ruxe Ruxe, Jabón Blue, Krakovia, Trashtucada, Sonotones… Logrando, ao mesmo tempo, situar Muros no mapa musical galego.

E chega esta especial X edición do Festival Castelo Rock, unha das citas máis singulares da Axenda Sonora da Costa da Morte. Levan varios meses preparándoo, de feito este abril chega con 3 concertos no Local de San Xosé para recadar fondos, e xa podemos ir avanzando parte do cartel.

A cita, como sempre, será a primeira fin de semana de agosto, 2 e 3. Cunha programación musical na que mesturarán grupos galegos e estatais. Os cabezas de cartel serán dúas grandes bandas andaluzas, O’Funk’illo e Reincidentes. Pero tamén estará a superbanda galega, Banda Fura Fura, sen esquecernos dos máis pequenos/as, teremos teatro e pasacalles nas prazas da vila.

Este ano con entrada

A crise e o “lobby” político en contra da cultura fai que cada ano sexa moito máis complicado cumprir os obxectivos e chegar a cubrir o orzamento. Polo que nos vimos na obriga de modificar a metodoloxía do festival e tomamos a difícil decisión de que este ano os concertos serán de pago, mentres que as actividades de rúa serán gratuítas. Pagamento máis ben simbólico que estará ao alcance da maioría das persoas, explican dende a organización.

Así, ata o 31 de maio hai a primeira promoción de bonos a 6,00 € (máis os gastos de xestión). Porén, as persoas asociadas da ACRD Praia do Castelo (con carné renovado neste 2013) terán bono gratuíto para todos os concertos. Este deberán recollelo no local da entidade antes do 1 de xullo (sábados de 20.00 h a 00.00 h).

Máis información

Novas relacionadas

Novas festivaleiras

Fonte

Comentarios