Arrinca o curso e ponse en marcha o V Concurso de Murais de Azulexo da Costa da Morte


Arrincamos o curso escolar e, como non podía ser doutro xeito, Sumistros Lar volve convocar o Concurso de Murais de Azulexo da Costa da Morte, xa na súa 5ª edición. Tralo éxito, a todos os niveis, do certame do ano pasado, a empresa volve propoñer este xeito diferente de facer partícipes aos alumnos da bisbarra nesta iniciativa.
Unha proposta que busca máis que o mero entretemento, facendo tamén unha labor didáctico-social importante para os nosos mozos e unha acción de integración social importante.
Xa hai varios centros confirmados, pero agardan superar os 9 que participaron o ano pasado, ademais dos APEM e ASPADEX, cos que agardan volver contar despois de demostrar que teñen un nivelazo espectacular.
Procesos do Certame
A mecánica do concurso será máis ou menos a mesma. Unha vez inscritos, os alumnos asistirán nas instalacións da empresa en Cee a un curso de formación impartido polo seu persoal, no que colaboraron estes anos achegando material fabricantes da talla como Mapei, Mainzu e Unicer, moi comprometidos con este proxecto.
Neste momento aprenderán a preparar os morteiros, como romper azulexo con seguridade, e como empregar as ferramentas de forma correcta.
Posteriormente entregaremos o soporte mural e os materiais necesarios para desenvolver o traballo.
Como todos os anos o formato do soporte mural será a sorpresa de último momento para todos, especialmente este ano.
Unha vez finalizadas as obras estas serán recollidas e traídas ás nosas instalacións, onde se emitirá o fallo do xurado e posterior entrega de premios. Momento no que se reparten máis de 2.000€ en premios.
Novas relacionadas
- Concurso 2011: Os institutos de Cee, Zas e Muxía acaparan os premios do Concurso de Murais de Azulexo de Lar.
- O Azulexo toma a palabra.
- O Concurso de Murais de Lar asalta a tele.
- Os alumnos de Aspadex e do IES Fin do Camiño fanse artistas con Lar.
- Lar segue formando pequenos artistas co Concurso de Azulexos.
Máis novas
- O longo proceso de creación dun Mural de Azulexo no IES de Baio.
- III Concurso de Murais: O IES de Baio volve gañar o Concurso Benéfico de Murais de Azulexo de Lar.
- III Concurso de Murais: Emotivo acto final do Concurso benéfico de Lar.
- II Concurso de Murais: O certame de murais de azulexo deixa premios a catro dos sete participantes.
- II Concurso de Murais: O concurso benéfico máis internacional.
- 4 concellos adquiren os murais benéficos de Lar do II Concurso.
Fonte
- Nota de prensa de Suministros Lar da man de Tatiana Rodríguez.