Axenda cultural da fin de semana previa ao Nadal na Costa da Morte
Moitas cousas para esta fin de semana previa ao Nadal na Costa da Morte. Con moitas das actividades dos Concellos xa en marcha, hoxe resaltamos as actividades relacionadas coa música, o teatro e a poesía, que este sábado cobra un protagonismo en Muxía.
O V Recital de Poetas da Costa da Morte reunirá en Muxía ata 8 poetas da bisbarra. Paralelamente continúas as Xornadas Culturais no Confín do Outono Pondaliano da Fundación Eduardo Pondal.
Tamén o sábado hai Teatro en Malpica (tamén o venres), Teatro en Cee con Badius Teatro, ademais da triple sesión coral: XVI Certame de Corais Polifónicas de Nadal en Ponteceso, VIII Memorial Pepe Valiña en Baio e o Festival de Corais de Corcubión.
E para a noite do sábado hai tamén dúas citas musicas: concertazo en Carballo e mais en Laxe.
Para o domingo teremos tamén cita co teatro en Vimianzo.
Poden ollar todas estas actividades en www.axendacostadamorte.com.
Máis información
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).