Martes. 23.04.2024
El tiempo

Basta Xa! Berremos ata que non haia máis violencia contra as mulleres

Basta Xa! Berremos ata que non haia máis violencia contra as mulleres
Comunicado das Buseranas

Comezo de ano negro se falamos de violencia de xénero. E a activa da Organización Feminista Buserana non quere deixar de alzar a voz, para que toda a sociedade a escoite, para que toda a sociedade se implique.

Este 30 de xaneiro, aproveitando o Día Internacional da paz, queren “celebralo” Polo dereito de todas as mulleres do mundo a vivir en paz.

 

Comunicado da Organización Feminista Buserana

Empezamos o ano conmocionadas polos NOVE asasinatos machistas neste mes de Xaneiro.
BASTA XA!, berremos que non máis violencia contra as mulleres. Berremos que non máis menores vítimas da violencia patriarcal.
Que cifra de asasinadas se precisa para que os gobernos tomen en consideración este problema de estado?

Non chega coas lamentacións, minutos de silencio, días de loito.

Parar o feminicidio implícanos á sociedade enteira e en todas as facetas da nosa vida. Temos que desmontar as imaxes e os valores nos que se sustenta a violencia contra as mulleres.

Neste camiño esiximos máis implicación dos gobernos, medios nos xulgados de xénero, xuíces e xuízas, policía e garda civil con formación en igualdade, apoio sicolóxico e económico as mulleres.

SE AGREDEN A UNHA AGRÉDENNOS A TODAS!!!
PAREMOS O FEMINICIDIO!!!

 

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios