Carballo ten algo que contar
Xa non queda sitio para o Tedx Galicia, o congreso internacional que chega este venres a Carballo. I é que esta itinerante proposta de charlas, de debate, de opinións, apórtanos novos puntos de vista.
Grandes historias contaranse polo Pazo da Cultura o venres 23 pola tarde. Da man de persoas normais, pero que teñen moito que contar. Esa é a esencia do programa de charlas: non fai falta saír na tele, fai falta ter algo diferente que contar.
Como Ana Corredoira, granxeira con 24 anos, ou Iñaki Quenerapú, un dos culpables de que a Praza do Obradoiro se convertise no Halcón Milenario por un día. Serán 4 horas nas que poderemos escoitar 10 historias: a artista carballesa Milagros Cotelo que demostra como se pode loitar contra a discapacidade; a divulgadora musical Lucía Santiago, a coach Blanca Olivié; o xestor de ONG, Pedro Giménez, o analista de datos, Iván Gómez, o empresario Jorge Cebreiros, María Castro, a iniciadora de Xuntos Podemos, os deseñadores de produto, Enrique e Marcos Saavedra, emais Fernando Sánchez Salinero.
Un congreso que se enmarca dentro do completo programa Venres Culturais, e que conta coa colaboración do Concello e do equipo da empresa tecnolóxica local Aberta, que xa artellou con éxito o Congreso Cos pés na terra non hai moito.
Este é un resumo cas charlas dos últimos anos, como pequeno aperitivo. Intentaremos traer as que se dean en Carballo:
Novas relacionadas
- Un congreso internacional para Bergantiños.
- Os Venres Culturais enchen de vida Carballo.
- Onde están os que invisten os nosos cartos ante tremendo nivelón?.
- Bergantiños á vangarda tecnolóxica galega.
- Carballo pon os pés na terra a base de innovación.
- O edificio dos 100 actos.
- #ForoMobilidade: Carballo repensa o seu modelo de cidade.
- O #CursoTurismoUDC de Carballo propón modernizar o sector da Costa da Morte.
- 4 novos cursos de formación en cociña, restaurante, soldadura e electricidade en Carballo.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).
- Turismo Carballo.