Martes. 07.04.2020
El tiempo

#ForoMobilidade: Carballo repensa o seu modelo de cidade

#ForoMobilidade: Carballo repensa o seu modelo de cidade
Cartel do Foro de Mobilidade Infantil de Carballo

É un tema do que non se fala moito, pero a Mobilidade, e máis a infantil, atínxenos a todas as vilas da Costa da Morte. E precisamente estes días o Forum Carballo acolle o II Foro de Mobilidade e Autonomía Infantil, e que durará ata o vindeiro martes 7 de outubro. Un Foro que recincide no camiño xa aberto polo goberno municipal, cara un modelo de mobilidade que prima ás persoas fronte aos vehículos.
Iniciativas como a peonización do centro, a humanización das rúas a través do graffiti, o Pedibús, as rutas en bici, ou o metrominuto, que se converterá en realidade de xeito inminente, definen o camiño.

Moi interesante pois esta proposta aberta a toda a veciñanza, para “repensar a cidade” entre todos. Pero sempre enfocada aos máis pequenos, pois como sinalou o concelleiro de Seguridade Xosé Regueira, “unha cidade que sexa boa para os [email protected] será boa para [email protected]”.
A primeira das tres xornadas de debate xuntou a unha vintena de veciños. “A calidade do aire e a saúde das persoas que vivimos en Carballo e a recuperación desa autonomía infantil que fomos perdendo nas últimas décadas”, foron outros dos temas tratados.

Datos que alarman

E os veciños estiveron presentes dende o primeiro momento, a través dunha enquisa realizada o curso pasado a 806 [email protected] dos CEIP Fogar e Bergantiños, e na que se pon de manifesto que o 43 % nunca ou poucas veces viaxa en asentos homologados.

Outros datos que reflicten a falta de seguridade nos desprazamentos en vehículos que padecen a diario os cativos e cativas é que o 80% afirma que empregan sempre o cinto cando suben ao coche, pero o 50% tamén asegura que lle avisa aos adultos de que teñen que poñelo tamén, outro "modelo de conduta nocivo", subliña o Concelleiro de Seguridade.

Os nenos tamén falaron e aseguran que o 30% piden que os vehículos respecten os sinais de tráfico, pero moitos tamén piden que os autobuses teñan cinto de seguridade, que as beirarrúas sexan máis grandes, que os coches corran menos e que paren nos pasos de peóns. Son todas reclamacións que realizan un retrato moi pouco edificante da situación que se vive a diario nas horas punta nos centros de ensino, e que se reflicte en que un 41 por cento dos 806 cativos e cativas quererían que se "quiten os coches dos coles”.

De aí que a peonización sexa un camiño a seguir para crear "un ambiente urbano no que un neno ou nena viva con normalidade é un ambiente urbano no que un adulto tamén pode facelo”.

Onde aparcar

Unha das problemáticas máis típicas que se presentan nestes procesos de peonización do casco urbán nace dos condutores. “Onde imos aparcar entón?”. Carballo ten amplas bolsas de aparcamento gratuíto en todo o perímetro do centro urbano, espazos que están en moitos casos a cinco minutos ou menos camiñando da Praza do Concello e do centro, pero que moita xente non aproveita.

Intervencións

Nerea Gonzalez con Xose Regueira no Foro de Mobilidade Infantil de Carballo Fins Eirexas de Adega no Foro de Mobilidade de Carballo

Na primeira charla, a psicóloga carballesa Nerea González, especialista en intervención social e comunitaria, levounos varios anos atrás para ver como era o Carballo sen coches, e sinalando que dende que chegaron os vehículos a xente xa non ten espazo para camiñar, instando á sociedade carballesa a “repensar a cidade” para que os nenos gañen en autonomía e seguridade.

Na última intervención desta primeira xornada, Fins Eirexas, ambientalista da asociación Adega, abordou a mobilidade dende o punto de vista da ordenación do territorio. Por iso, dixo, o primeiro ámbito da intervención da Administración debe ser o urbanismo. “Necesitamos unha mudanza radical de política das Administracións, pero tamén da sociedade”, recordou. “Que o coche deixe de ser o rei e que as cidades sexan para as persoas”. Igual que se debe apostar por un transporte público “que sexa atractivo, poñendo máis liñas e baixando os prezos”.

2ª xornada

Hoxe, xoves 2 de outubro, continúa o II Foro de Mobilidade e Autonomía Infantil no Fórum. Estarán no auditorio do Fórum o arquitecto Alfredo Garrote, que falará ás 11 sobre "Cidades para a infancia, cidades para [email protected]", e os concelleiros de Pontevedra Carme da Silva e Cesáreo Mosquera, que explicarán a partir das 12 o modelo implantado na súa cidade.

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

comentarios