Luns. 29.04.2024
El tiempo

Carballo pon os pés na terra a base de innovación

Carballo pon os pés na terra a base de innovación
Design Thinking no Congreso Cos Pes na Terra

Arrincou o  Congreso “Innovando cos pés na terra”, que nace en Carballo para traer diversas iniciativas innovadoras á comarca de Bergantiños, e fomentar así a creatividade emprendendora entre os asistentes. Unha iniciativa da Asociación de Xóvenes Empresarios de Bergantiños (AXOBER) coa colaboración da empresa Abertal.

Durante este xoves 30 e o venres 31 de outubro o Forum Carballo acolle esta cita tecnolóxica de primeiro nivel galego. Todo coa intención de darlle renda solta á innovación, un dos factores que axudan a saír das crises. I é que visualizar, ver tan cerca cousas que cambian o mundo, fannos ver que nós tamén podemos cambiar as tornas.

Inauguracion do Congreso Cos Pes na Terra

Innovando dende Bergantiños

Esta mañá xa pasaron polo estrado os membros da carballesa Digiswitch, gañador do premio "Carballo emprende", creadores do “interruptor dixital”, unha metodoloxía da Universidade de Standford para o deseño de produtos. E cómpre destacar a presencia da revista deportiva mundial, que nacía en Coristanco, Fútbol Táctico. Aí estiveron os seus responsables explicando como chegaron a invadir o mercado chinés.

Futbol Tactico presentando a sua inmersion mundial no Congreso Cos Pes na Terra

Outra das iniciativas, Statics Boards, chega de Malpica para falar do deseño e fabricación de placas electrónicas, sobre todo para impresoras.
Outros carballeses son de Bricogeek, con produtos á venda específicos para os máis geeks (dise desas xentes que van máis aló dos freaks en materia tecnolóxica.
Tamén Herfraga, unha das empresas carballesas máis internacionalizadas, contará a súa experiencia en relación coa exportación de maquinaria para a industria conserveira.
E falamos de industria audiovisual tamén, onde a produtora carballes Mamá Lola Studio, falará das súas creacións como o Un sitio Distinto.

Interesantísimo será a cita desta tarde de xoves, cun Obradoiro desenvolto polos mesmos Design Thinking, impartido por Vermis Project.

Venres de charlas e networking

O venres contarase coa presenza de tres personalidades destacadas no mundo da innovación: Paco de Pin, unha das persoas de referencia dentro da industria musical e do espectáculo desde fai máis de 20 anos; Antonio Muíños, unha referencia absoluta a nivel internacional da industria de transformación agroalimentaria; e Paco Morales, que desde o seu restaurante Noor de Granada ven de revolucionar o mundo da gastronomía a nivel mundial co lanzamento das Gastroimpresoras.

Ademais, a xornada do venres completarase coa celebración da LaconNetwork, a cita tecnolóxica mensual e itinerante que xunta a toda a xentes de toda Galicia, e que xa ten parado pola volta

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios