Mércores. 24.04.2024
El tiempo

4 novos cursos de formación en cociña, restaurante, soldadura e electricidade en Carballo

4 novos cursos de formación en cociña, restaurante, soldadura e electricidade en Carballo
Soldadura

Fundamental a formación práctica para a empregabilidade dos novos e os non tan novos. E fai falta na Costa, pois máis alá dun par de Institutos de FP activos, e o Centro de Formación Rural Efa Fonteboa, pouca especialización temos. Desta volta, é o Concello de Carballo o que prepara 4 cursos AFD para desempregados, que acollerá o Fórum Carballo nos próximos meses.

As 4 accións formativas que oferta Carballo son:

  • Curso de Cociña de 848 horas de duración;
  • Curso de Soldadura oxigás e soldadura MIG/MAG de 678 horas;
  • Curso de Servizos de restaurante, de 618 horas;
  • Curso de Operacións auxiliares de montaxe de instalacións electrotécnicas e de telecomunicacións en edificios, de 458 horas.

Todos os cursos impartiranse no Forum Carballo e está previsto que o primeiro deles, o de Cociña, dea comezo a partir do 20 de xuño, mentres que os seguintes iranse poñendo en marcha a partir dese momento de forma escalonada.

Inscricións

Os interesados e interesadas en participar deben estar inscritos como demandantes de emprego na Oficina de Emprego e contar coa titulación en ESO (excepto para o curso de instalacións electrotécnicas que non se precisa título académico). Cada un dos cursos ten unha capacidade para 15 alumnos e alumnas. Hai que subliñar que as persoas que aproben todos os módulos formativos dos cursos poderán optar aos certificados de profesionalidade da Xunta. Os interesados e interesadas en obter máis información ou en inscribirse, deben acudir o o antes posible ao Fórum Carballo ou chamar aos teléfonos 981 709 010 ou 981 709 011.

Fonte

Comentarios