Martes. 23.04.2024
El tiempo

Onde están os que invisten os nosos cartos ante tremendo nivelón?

Onde están os que invisten os nosos cartos ante tremendo nivelón?
Inauguracion do Congreso Cos Pes na Terra

A semana pasada tiña lugar un Congreso que unía en Carballo á vangarda tecnolóxica galega. Numerosos especialistas nas novas tecnoloxías de todo o país achegáronse ata Bergantiños para coñecer de preto experiencias piloto, e precisamente o nivelón desas iniciativas, en boa parte costeiras, sorprendeu aos propios organizadores.

O mesmo Manuel Pan, da organizadora, ademais da Axober, Abertal, facía unha reflexión durante o intermedio da segunda xornada. I é que nin el mesmo se decatara do nivel que temos na Costa da Morte en materia de novas tecnoloxías. A primeira xornada do Congreso Innovando Cos pés na terra xuntou a 6 proxectos bergantiñáns de primeira orde, “mundial”.

”Pero, ante este tremendo nivelón, onde están os que deciden en que se invisten os cartos?”, reflexionaba Pan no intermedio. Lamentablemente os políticos non soen quedar a esta clase de xornadas onde os pequenos empresarios en crecemento presentan as súa ideas. Deste xeito non son conscientes do potencial que temos na nosa zona, e non teñen coñecimento suficiente para saber onde se pode investir o carto público.

O alcalde carballés acodíu á presentación das xornadas, pero non puido quedar a escoitar todas as experiencias que nos demostran, unha vez máis, que hai moita iniciativa pola que apostar.
Iniciativas que, iso si, ante tanta burocracia, xa esquecen a posibilidade de solicitar subvencións, sabendo que non son os mellores proxectos os que as levan, se non os que mellor as saben vender.

Bergantiños na vangarda

E recuperamos de novo esas experiencias:

A empresa carballesa Digiswitch, gañador do premio “Carballo emprende”, creadores do “interruptor dixital”, unha metodoloxía da Universidade de Standford para o deseño de produtos.

A revista deportiva mundial, que nacía en Coristanco, Fútbol Táctico. Aí estiveron os seus responsables explicando como chegaron a invadir o mercado chinés.

Statics Boards, chega de Malpica para falar do deseño e fabricación de placas electrónicas, sobre todo para impresoras.

Outros carballeses son de Bricogeek, con produtos á venda específicos para os máis geeks (dise desas xentes que van máis aló dos freaks en materia tecnolóxica.

Tamén Herfraga, unha das empresas carballesas máis internacionalizadas, contará a súa experiencia en relación coa exportación de maquinaria para a industria conserveira.

E falamos de industria audiovisual tamén, onde a produtora carballes Mamá Lola Studio, falará das súas creacións como o Un sitio Distinto.

Aí é nada. Onde van os cartos, daquela? Interesantísimo será a cita desta tarde de xoves, cun Obradoiro desenvolto polos mesmos Design Thinking, impartido por Vermis Project.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios