Luns. 29.04.2024
El tiempo

O #CursoTurismoUDC de Carballo propón modernizar o sector da Costa da Morte

O #CursoTurismoUDC de Carballo propón modernizar o sector da Costa da Morte
Curso de Turismo da USC Cen Carballo

Xa está a pleno rendemento o intenso o #CursoTurismoUDC. Un curso para darlle unha volta ao sector turístico da Costa da Morte, contando na mesa de debate con representantes da administración e do sector privado, e cun alumnado moi participativo.

O IV Curso de Verán da UDC sobre "A evolución do turismo no marco da sociedade global. Retos para a súa planificación e xestión", estreabase onte e ten lugar no Fórum Carballo ata o venres 4 de xullo.

Os obxectivos do curso son claros, como indica Antón Álvarez Sousa, da Facultade de Socioloxía da UDC, que engade que "se conseguimos que este grupo de asistentes comece a implantar pequenas innovacións no eido do turismo, teremos conseguido algo moi importante". un Antón que recoñece que "ás veces resulta difícil dinamizar o sector", polo que hai que mirar para o emprendedor do futuro.

Curso de Turismo da USC en Carballo

Planificación, unión e profesionalización

O curso arrincou cunha sesión centrada nos "Marcos conceptuais e operativos para a planificación e xestión do turismo", e artellada arredor de dúas mesas redondas. A primeira, "Planificación estratéxica de destinos turísticos: a cooperación público privada", contou coa presenza de José Luís Maestro Castiñeiras, Xefe de Área de Competitividade da Axencia de Turismo de Galica, de Carlos Rodríguez Carro, de CENP-Turismo A Coruña, e de Francisco González López, Presidente do Clúster Turismo de Galicia; a segunda mesa titulouse "Importancia da accesibilidade e o transporte (portuario, ferroviario, aeroportuario e estradas) para a dinamización turística", e contou con Carlos Alberto Patiño Romarís, do Igeti, Clide Rodríguez Vázquez, da UDC, e Diego Otero, de Agavi.

Esta primeira sesión deixou moitas ideas enriba da mesa, aínda que moitas das reflexións xiran arredor de dúas claves: o sector conta cunha excesiva atomización e é necesaria unha maior profesionalización dos traballadores do turismo. Francisco González fixo especial fincapé na necesidade de "poñer os pés na terra" e ao mesmo tempo comezar "unha reconversión inmediata" e nunca esquecendo que, para que o sector progrese e mellore non hai que perder de vista a "rendibilidade" dos negocios. Nesta rendibilidade tería moito que ver o "produto turístico", xa que en xeral, e en Galicia especialmente, sobran os destinos turísticos pero faltan produtos que faciliten a súa comercialización.

Xa poden ollar o programa completo.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios