En internet, 20 minutos é moito. 20 horas é un mundo

Encher un auditorio como o do Forum Carballo para unha charla sobre marketing non é doado. Pero parece que pola capital se están facendo as cousas ben, e está convertindo a vila nun foco de formación a nivel galego. Comprobámolo co Congreso Cos Pés na Terra, co fantástico TedxGalicia e onte volvémolo comprobar ca estrea do que, de seguro será, un ciclo de charlas sobre marketin e comunicación online: o #inForum.

Puido ser a boa organización e difusión tanto como a presencia dun home que non deixa a ninguén indiferente, Carlos Fernández, o famoso community manager de Policía Nacional, a administración pública con máis ‘followers’ en todo o mundo.

Presentou o acto o xornalista Luís Fraga, e abríu a charla Martín Barbaresi xefe de márketing do Grupo Calvo, que falou en clave de masterclass sobre a importancia do marketing, (sempre ao servizo do negocio como arma publicitaria) e de como funciona para facer marca, unha marca achegada á excelencia. Repasou dende aquel “Atún, claro, Calvo” dos 90, pasando polo “#Piltrafilla” do 2000 (se houbese redes sociais seguro que tivera sido trending topic); polo o Sacatum do 2005, ou pola última campaña, a premiada “Ellas lo saben”. Todo para convertir Calvo na 40ª marca máis elexida de España.

Mariano Munuera, de FBI (Fábrica de Boas ideas) explicou o éxito da campaña de Gadis “Vivamos como galegos”. Arrincou preguntando a todo o público “Que é ser galego”, regalando un fantástico PENcebe aos que participaban. Explicou que o éxito da campaña radica en “liderar enerxías sociais”, convertindo un super en icono a través dunha “campaña identitatia”. “Hai que lanzar un bo produto e facer que a viralidade sexa a que difunda, e aí o éxito de que a xente se identifique co produto é fundamental”. Munuera foi repasando as campañas dende o 2008 ata o Soñemos como galegos do 2014, e deixou pistas de por que sempre saen cabalos nos vídeos da campaña.

Adaptación ao medio

Interesantísima charla do community manager máis famoso do país, o da @Policia. Carlos Fernández, fillo de galegos e que veraneoa en Galicia, falou de como unha entidade de 191 anos se ten que adaptar aos novos tempos e novas formas de comunicar. Esa palabra, “adaptarse” foi unha das máis utilizadas, pois para contar unha cousa pero por distintos canais, hai que adaptarse ao canal e ao novo público, para conectar, para empatizar. A linguaxe natural, fundamental; e a inmediatez, básica: “20 minutos é moito en internet. 20 horas é un mundo”

Polémico como poucos, fixo un montón de amigos traendo malos exemplos de outras institucións ou empresas. De feito, lembrou que a @Policia (con 1,3 millóns de siarieiros no twitter) é a máxima institución de seguridade na rede (máis que o propio @FBI) e crece máis cada día (3.000 usuarios diarios) que todo o resto de institucións do estado xuntas. “A AEMET, cun temporal terrible o ano pasado durante a fin de semana, pero como as rrss só traballan durante a semana, coma se non pasase nada…”

Falou en clave de utilidade, “esquecer falar de nós mesmos e falar do que lle interesa á xente”. E aí tamén radica a importancia de “xerar comunidade”, para aproveitar a #Intelixenciacolectiva, pois agora os usuarios tamén son colaboradores, e son moitos exemplos de éxitos acadados gracias á colaboración cidadá dos tuiteros. E falou de "correr riscos", e tamén repasou algunha das polémicas que o situaron no foco do furacán, ao mesmo tempo que lle daban unha maior notoriedade que logo se aproveita.

Denostou ao Google+, dixo do instagran que “é unha biblioteca moi bonita pero pouco práctica”, e criticou o afán do Facebook por reducir o impacto se non pagas (algo que sabemos de primeira man en QPC).

Así rematou a cita formativa, que esperemos teña continuidade no #inForum 2016. Ou antes.

Aquí tendes o vídeo completo do inForum:

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).