Venres. 26.04.2024
El tiempo

Esixen, unha vez máis, a apertura conforme á lei do Castelo de Ameixenda

Esixen, unha vez máis, a apertura conforme á lei do Castelo de Ameixenda
Castelo do Príncipe de Ameixenda-Cee

Non deixa de protestar o BNG ceense ante o reiterado incumprimento da Lei do patrimonio histórico-artístico por parte dos donos Castelo de Ameixenda. Xa no 1999, e en 2009 o BNG esixía a súa apertura, pero dende aquela nada cambiou, e o Castelo do Príncipe segue sen abrir as súas portas ao público os obrigados 4 días ao mes.

Por iso, o BNG presentará un escrito no concello de Cee, no que s"e pedirá a equipa de goberno, que interceda ante a Xunta de Galiza, e a Consellería de cultura, para que dunha vez por todas se cumpra a lei no Castelo do Príncipe", que obstenta o rango de Ben de Interese Cultural na categoría de monumento dende o 17 de outubro de 1994.

Dende o BNG esixen ao grupo de goberno, do que forma parte un Daniel Oca que formaba parte do BNG no 2009, que intenten facer ano, e denuncian que "o patrimonio histórico e cultural do noso concello está a ser esquecido e desaproveitado ano tras ano, e goberno tras goberno".

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa da man de Dionisia Mancha Rey, Responsable Local do BNG de Cee.

Comentarios