Venres. 29.03.2024
El tiempo

O Cabo Vilán cumple 80 anos

O Cabo Vilán cumple 80 anos
Acto de presentacion do Programa do 80 aniversario do Cabo Vilan

80 anos que cumple o Cabo Vilán, como Sitio Natural de Interese Nacional. Un Cabo Vilán que pasa por ser un dos puntos espazos naturais máis importantes da Costa da Cormos, encadrado nunha das rutas máis fermosas da bisbarra.

Ademais, o expazo está escoltado polo Faro Vilán, que ademais da súa singular beleza, nos últimos meses cobrou vida propia como centro cultural gracias ao traballo da Asociación de Empresarios de Camariñas. Un traballo que enche con exposicións como a actual de David Lorenzo, que estará no Faro ata o 31 de xaneiro.

Serñan no propio Faro onde os vindeiros 13 e 14 de decembro terá lugar a presentación do programa de actos para o 2014 do 80º aniversario da declaración do Cabo Vilán como Sitio Natural de Interese Nacional.
O venres ás 17:00h, o alcalde, e a presidenta da Asociación de Empresarios e de Promoción Turística de Camariñas, Olga Campos, presentarán xunto ao redactor de La Voz de Galicia Santiago Garrido, presentarán o acto. De contado será Sabela Rodriguez, técnica en turismo da asociación de empresarios, a que presente o programa.

Despois, xa as 18:00h haberá unha mesa redonda que redunde sobre o propio sitio natural cos historiadores Antón Castro, Manuel Vilar e Eliseo Fernández.

Para o sábado, ás 10:30h Sabela Rodriguez presentará a nova web creada para o Faro Vilán, para dar paso á unha nova mesa redonda sobre o "Faro Vilán, arquitectura do espazo batente". Intervirán Juan Creus polo Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia e un representante do Colexio de Enxeñeiros de Camiños, Canais e Portos de Galicia.

Coñeceremos pois todas as citas que este 2014 terán como protagonista ao senlleiro Cabo Vilán.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios