David de Lorenzo enche de formas e contidos o Faro Vilán



Segue o Faro Vilán reafirmándose como epicentro cultural cheo de simbolismo na Costa da Morte. Este sábado 30 de novembro a Asociación de Empresarios de Camariñas presentou a nova exposición de David De Lorenzo. "Formas y contenido" estará no Faro Vilán ata o 31 de xaneiro e durante a presentación o autor transmitiu a súa concepción da pintura e tamén explicou en que consite a súa obra , os materiais e a técnica utilizada.
De Lorenzo ten realizado moitas exposicións en Madrid, e tamén nalgún país extranxeiro como Holanda, Italia, Bélxica... Traballa tanto con Óleo/Acrílico Acuarela, Tintas, Dibuxo artístico, retratos, grabado e inclusive escultura e cerámica.
Nesta ocasión, no Faro Vilán de Camariñas, dentro da exposición "Formas y contenido" presentará obras en óleo e acrílico, pero principalmente destaca a súa última colección de árbores en acuarela, anilina e tinta china, Unha proceso de transición entre a pintura figurativa e a abstracción, nas que se mostra un estudo dos axentes plásticos das técnicas de acuarela...expresionismo figurativo cargado de cor e forza.

Novas relacionadas
- Os lenzos dos Trazos do Mar toman o Faro Vilán.
- O Faro Vilán supera os 26.000 visitantes durante o verán.
- 5 Grandes Mestres Mundiais participarán no Torneo Internacional de Xadrez Entre Faros.
- A Oficina Turística do Ézaro case duplica visitantes no verán.
- Por unha oficina de información turística no Faro Fisterra independiente e eficaz.
- O Faro Vilán dialoga co vento e a arte chinesa.
- O Faro Vilán máis vivo que nunca.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).