Mércores. 11.12.2019
El tiempo

O FIOT de Carballo retrata o declive da sociedade actual

O FIOT de Carballo retrata o declive da sociedade actual
Presentacion da FIOT 2012 en Carballo Cartel do XXI FIOT de Carballo 2012

Un duro retrato da sociedade actual. Así se pode definir o fío condutor desta XXI edición do Festival Internacional Outono de Teatro, FIOT 2012. I é que boa parte daos 30 espectáculos teatrais son de contido meramente social. En tempos de crise non podía ser doutro xeito e o panorama teatral galego serve de altofalante para a crítica máis áceda da crúa realidade capitalista.

A rúa e a sala compaxinan oferta para traer dende o 7 ao 31 de outubro 30 propostas do mellor do país. E mesmo algún espectáculo a nivel estatal como Els Joglars, Carmen Machi, Alberto San Juan, Guillermo Toledo ou Tantakka, que encherán o auditorio do Pazo da Cultura.

A nivel costeiro a novedade é o "O método Grönholm", unha estrea de Talía Teatro esperada en toda Galicia.

OTNI

O ciclo OTNI consolídase cumprindo tres anos dando cabida a proxectos que por formato, contido ou linguaxe teñen un encaixe difícil na programación ordinaria de sala. Os referentes son propostas de carácter contemporáneo e cunha dimensión experimental ou alternativa. Cándido Pazó regresa ao escenario carballés con "Decamerón, historias para tempos ruíns"; os vascos La Cocina ofrecen "Calla y come", finalista nos Premios Max como espectáculo revelación 2011; e por último de Cataluña chega a estrea en Galicia "Fingir" de Colectivo 96º, que conta coa colaboración de Macarena Recuerda, lembrada polos espectadores do OTNI 2011.
A animación teatral de rúa converterá de novo o centro carballés en escenarios improvisados e en espazos tomados por actores cheos de historias diversas.

E o concurso escolar de teatro lido Xosé Manuel Eirís cumpre xa 12 anos, dando protagonismo aos espectadores máis pequenos, coa intención de promover o teatro e favorecer a súa iniciación e interpretación dramática. Así mesmo, dentro das actividades paralelas hai que subliñar a proposta de Camilo Franco "Queres ser un personaxe teatral?", unha actividade na que os asistentes poderán sacar aos personaxes que levan dentro e axudar a construír outros novos.

14 espectáculos para os 14 anos da Rúa dos Contos

Un ano máis, a Rúa dos Contos xa un festival con vida propia dentro do FIOT, congrega a artistas coñecidos e tamén novos valores nun popular programa que, xunto a contos, historias e monólogos, ofrece espectáculos de pequeno formato, clown, música, maxia, performances musicais, novo circo e ata un chisco de cabaret. Incluso tres deles escolleron o FIOT para a súa estrea "mundial".

Os pubs, tascas e cafeterías que colaboran coa iniciativa son: Mesón A Cabaña, Cafetaría Valle Inclán, Pub A Reserva, Bodegón O Pescador, Cafetaría Colón, Vinoteca La de Bur, Cervexaría A Bombonera, Pub Twenty, Pub O Patacón, Cafetaría Baños Vellos, Pub Divinity, Cafetaría Xorima e Cervexaría Dublín.
Os máis cativos tamén terán a súa cita cos contos na Ludoteca Municipal. E todo este amplo programa do FIOT 2012 complétase con propostas como "Café con..." na que o público ten a oportunidade de falar cos creadores dos espectáculos; o programa de voluntariado, que comezou en 2010 e que cada vez consegue maior implicación por parte dos seus participantes; o Premio do Público, que este ano recollen tanto Tantakka Teatroa, distinguidos en 2006, como Talía Teatro, galardoados en 2010; ou a entrega do Xograr de Outono.

Programa completo do FIOT Carballo 2012

Pincha na imaxe para ampliar o Programa do XXI FIOT Carballo 2012

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios