O furacán "Joaquín" é un dos protagonistas da #AxendaCostaDaMorte

08:20 09/10/15

Boas citas de interior
Condicións atmosféricas a parte, o Festival Internacional Outono de Teatro (FIOT) énche unha boa parte da #AxendaCostaDaMorte que esta fin de semana chega con tres estreas e coa Rúa do Contos en plena actividade. Outras das ofertas para esta fin de semana veñen da man de varios locais da bisbarra. De feito, hoxe temos sesión dobre. Primeiro en Laxe, ás 23 horas, The Trío Galician Power Blues actuarán na Ventana. Un pouco máis tarde, ás 00:30 horas, a banda ceense Anakrusa toca Pub Nerio da vila da Xunqueira. Xa mañá, sábado, Coso Carnóbrigo (banda de metal do país en galego do sur da bisbarra) actúan ás 23 horas no Bar da Praia en Carnota. E para o domingo, ás 12 horas, a artista "Mamen Bazarra" será a encargada de amenizar a sesión vermú no Woodstock Bar de Cee.Festas
Os amigos do baile e das orquestas están de noraboa, xa que esta fin de semana teñen citas de grande importancia como Festas da Pilarica da Trabe, en Tella (Ponteceso). Tres días de festa (sábado, domingo e luns) co Combo Dominicano incluido. O porto do Sinal do Pindo-Quilmas-A Curra acolle tres días de festa (sábado, domingo e luns) na honra do San Cristo dos Pescadores e a Virxe de Fátima. Carballo tamén ten a súa festa da Pilarica (domingo e luns) con orquestas, charangas e carpa incluida.Outras citas
En Camariñas, ríndenlle este sábado unha homenaxe ás mulleres, ás 18:00 horas na casa de Pedra, coa proxección do documental "Costa das Mulleres". Tamén o sábado, ás 21:30 horas no auditorio de Baio, Santi Prego (actor de teatro, cine, televisión, dobraxe, títeres e contacontos) falará sobre os "Contos en rede" nun acto gratuito e aberto a todos os públicos. En Cee continúan co Mes da Fundación e mañá sábado é o turno de Quico Cadaval co seu monólogo "Pantasmas familiares". A cita é ás 21 horas na casa da Cultura ceense. A capela do Pilar de Corcubión acolle o sábado ás 20 horas, acolle a presentación da IX da refvista Thaumazein, da Universidade Cromática das Virtudes. O grupo de teatro Badius, de Baio, fará pasar un bo anaco a todos aqueles que o sábado se acheguen ata a casa da Cultura de Vimianzo coa súa obra Frankenstein. A cita é ás 21 horas.Fonte
- Redacción QPC (info@quepasanacosta.gal)