O IES Fernando Blanco celebra o seu 125 aniversario cun completo programa cultural


Con motivo do 125 aniversario da inauguración do Instituto Fernando Blanco de Cee (o cal foi inaugurado o 2 de outubro de 1886), a Fundación do mesmo nome, en colaboración co IES Fernando Blanco, celebrará diversos actos para lembrar tan significativa data.
Os actos terán lugar en dúas xornadas (sábados 1 e 8 de outubro), e todos eles terán lugar no Instituto, agás a obra de teatro que, por motivos técnicos, ten que celebrarse no salón de Actos do Concello de Cee.
Hai cousas moi interesantes como o concerto de Fernando Fraga ao seu acordeón, o a intersante charla de Víctor Castiñeira Castro, o noso colaborador histórico de excepción no "Que pasou na Costa".
Programa 125 Aniversario Inauguración Instituto Fernando Blanco
Sábado 1 outubro:
- A partir das 11:00h no Instituto Fernando Blanco.: Recepción de autoridades; Misa solemne na capela do instituto coa Coral Polifónica Neria; Discursos e descubrimento dunha placa conmemorativa; Concerto da Banda Municipal de Música de Cee.
- A partir das 17:00h no Instituto Fernando Blanco: Actuación do Grupo de Pandereteiras do Centro Social de Cee e exhibición de baile a cargo da Asociación Terra de Sena; Conferencia de Concha Blanco Blanco; Concerto de acordeón de Fernando Fraga Traba; Conferencia de Víctor Castiñeira Castro".
- A partir das 18:15 horas. Instituto Fernando Blanco. Conferencia de Luís Pousa Meréns; Concerto de guitarra de Luís Fabiano Farias Borges de Brasil.
- 21:30 horas. Salón de Actos do Concello de Cee. Talía Teatro: “Bicos con língua”
- Tesouros da Fundación, con Darío Areas: Monumento adicado a D. Fernando Blanco de Lema.
- Que pasou na Costa, con Víctor Castiñeira: A Baixa Idade Media na Costa da Morte: As orixes das terras de Nemancos (IV) – O mar: de perigo a fonte de riqueza .
- Nota de prensa do Coordinador do Museo Fernando Blanco, Darío Areas.
Sábado 8 outubro:
O programa está patrocinado polo Concello de Cee, FerroAtlántica; Grupo Santitel S.L; Centro Comercial Finisterrae; Novacaixagalicia; Suministros Lar; Editorial Oxford; Roberto G. Rigaut S.L; Upi Cee e Ceecolor.