O IV Festival Carballo Interplay, a máxima calidade audiovisual entra na Costa da Morte
18 de abril de 2017 (14:57 h.)
Concurso
O concurso en si repartirá máis de 5.000 euros en premios. O comité de selección, conformado por seis persoas de diferentes ámbitos do sector audiovisual e da rede elixiu, entre máis de 146 propostas chegadas de todo o mundo, un total de 5 webseries galegas, 12 do resto do Estado e 18 do resto do mundo. 30 delas competirán polo premio á mellor webserie de imaxe real e 5 ao de animación, 18 ao premio á mellor webserie internacional e 6 á de versión orixinal en galego. As 35 webseries finalistas proxectaranse en seis bloques -un de versión orixinal en galego, tres internacionais e dous do Estado- nas tardes do xoves 4, do venres 5 e do sábado 6, no Auditorio de Carballo. Cada bloque terá unha duración de entre unha hora e unha hora e cuarto e a entrada, como en todas as actividades do Festival, é libre e gratuíta ata completar aforamento.As webseries finalistas
As finalistas galegas: Galicia Crime, Antolepsia, Dalle Jas! (2T), As aventuras de Po e Teño unha horta en San Sadurniño.Programa
Ademais das proxeccións, que se desenvolverán cada tarde a parti das 16:00h, a tarde do xoves 4 maio arrincará o CIP 2017 coa presencia do xurado: Rubén Ontiveros, Isa Calderón, Javi Camino, Javier Tri- gales (AGAG) e Giselle Llanio (CREA). A primeira cita será adicada aos proxectos en galego, culminada coa estrea da longametraxe “Fogueo”, de David Sainz. O venres 5 de maio pola mañá comezará cunha mesa de Youtubers, con Isa Calderón e Los Prieto Flores. De Youtubers a Youtubeir@s, pois a segunda mesa para falar da rede social de vídeos en galego. Monkie Lab completarán as actividades da mañá do venres, para dar paso pola tarde a unha master class con Rubén Ontiveros, e unha entrevista profunda no Código Fonte co grupo Chévere. A noite pecharase coa estrea mundial de Peter Brandon, a webserie gañadora do premio ao mellor proxecto de webserie en galego, na 1a convocatoria que fixo o ano pasado o Carballo In- terplay. O sábado 6 de maio comezará reflexionando sobre a profesionalización cun panel formado por Panel con Mafalda González-Alegre (Flooxer), Borja Prieto e Natalia Flores (Está pasando) e Teresa Segura e David Sainz (Diffferent Entertainment). Seguirá falando da interacción Tw-TV con especialistas como Javi Mos (Land Rober Tunai Show, e membro da familia QPC), Pilar Rodríguez (Luar) e Miguel López (El Hematocrítico). Haberá Vermú con Crea e pola tarde, ademais das proxeccións finais, a Gala de clausura, e festa no Bar A Barra.Novas relacionadas
- 2017: Volve o Carballo Interplay cos youtubers, as webseries, as estreas e as conversas como protagonistas.
- 2017: En marcha a 4ª edición do Carballo Interplay, os Goya do audiovisual virtual
- Maio 2016: O éxito do III Carballo Interplay asegura unha cuarta edición no 2017.
- 2016: Os Premios Fouciño, os irmáns pequenos do Carballo Interplay
- 2016: Carballo prepárase para o terceiro festival Interplay
- 2016: David Saínz e Teresa Segura imparten un obradoiro de creación de webseries
- 2016: Un total 36 webseries de todo o mundo compiten na terceira edición do Carballo Interplay
- 2016: As novas narrativas dixitais estarán presentes no III Festival Carballo Interplay
- 2016: Máis de 120 proxectos de todo o mundo estarán no III Festival de Webseries Carballo Interplay
- 2016: O Interplay aposta polos contidos en galego e crea un premio de 1.500€ para a mellor webserie.
- 2016: O “pioneiro” festival internacional Carballo Interplay xa conta co apoio da Deputación.
- 2016: O III Carballo Interplay quece motores co FormaCIP.
- Interplay 2015: O Carballo Interplay, os Óscars 2.0:
- Interplay 2015: Arrinca un desenfadado Festival Interplay para poñer Carballo no centro das miradas do audiovisual.
- O Festival Interplay, unha regueifa audiovisual de vangarda.
- A canteira audiovisual recupera a historia bergantiñá.
- FormaCIP: Aprendendo a ser actor, director, maquetador….
- FormaCIP: formación audiovisual de vangarda.
- 2014: As mellores webseries de España, premiadas no Carballo Interplay.
- 2014: Carballo Interplay: En marcha o primeiro Festival de Webseries de España.
- 2014: Carballo prepara a cámara para convertirse na Sundance das webseries.
- 2014: O Festival de webseries Carballo Interplay xa ten finalistas.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).
- Carballo Interplay