Xoves. 28.03.2024
El tiempo

O Museo Fernando Blanco de Lema exhíbese para todo o país na TVG e na Radio Galega

O Museo Fernando Blanco de Lema exhíbese para todo o país na TVG e na Radio Galega

Segue crecendo o Museo Fernando Blanco de Lema, de Cee. E esta semana será coñecido en todo o país da man do programa da TVG "Eirado". Así, este sábado, 5 de febreiro, a partires das 23:00 horas, emitirase na 2ª canle da Galega (TVG2) a citada reportaxe, que terá unha duración aproximada de 4 minutos. Ademais a Radio Galega tamén realizou un especial o pasado mércores con Darío Areas, coordinador do Museo e Secretario da Fundación.

Eirado no Museo ceense

No pasado mes de novembro de 2010, un equipo do programa Eirado, da Televisión de Galicia, estivo gravando no Museo e máis no Instituto da Fundación Fernando Blanco de Lema de Cee.
A idea desta grabación xurdeu na pasada Feira do Libro de Cee, cando o presentador do programa, Pemón Bouzas, estivo no Museo facendo a presentación do seu libro “100 cousas que facer en Galicia, ó menos unha vez na vida”. Pemón Bouzas quedou sorprendido do que veu no Museo, e prometeu enviar un reporteiro do seu programa para facer unha reportaxe.

O Museo na Radio Galega

Este mércores, o coordinador do Museo, Darío Areas, acudiu a Santiago para facer unha entrevista para un programa de historia que a Radio Galega emitirá no vindeiro verán.

O programa, que levará por título “Ó redor de nós”, versará sobre a historia de Galicia. Un dos capítulos estará adicado á importancia dos emigrantes no desenvolvemento da nosa terra, e ahí terán cabida Fernando Blanco de Lema, os irmáns García Naveira de Betanzos, Xosé García Barbón, etc.

O programa estará presentado por Isabel Freire Bazarra, dona de Luís Pousa Meréns, subdirector de El Correo Gallego, e natural de Cee.

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa do Museo Fernando Blanco da man de Darío Areas.

Comentarios