![Os concelleiros Milagros Lantes e Xosé Regueira acompañaron aos técnicos pontevedreses durante a súa visita]()
Os concelleiros Milagros Lantes e Xosé Regueira acompañaron aos técnicos pontevedreses durante a súa visita
A iniciativa carballesa de "derrubar muros con pintura" comeza a extenderse máis alá da Costa da Morte. Así, representantes do
concello de Pontevedra visitaron esta semana
Carballo para coñecer o
proxecto "Derrubando muros con pintura" de intervención nos espazos urbanos que puxo en marcha a administración local para mellorar as medianeiras e os espazos públicos do casco urbano de Carballo.
Os concelleiros de Pontevedra Luís Bará, Carmen Fouces e Alberto Oubiña percorreron o casco urbano de Carballo acompañados pola concelleira de Planificación e Mobilidade Urbana,
Milagros Lantes; e polo de Promoción Económica e Turismo,
Xosé Regueira, que lles foron amosando os logros e explicando os procedementos para conseguir o resultado acadado en Carballo. Os representantes de Pontevedra interesáronse pola actividade desenvolvida na vila como exemplo dunha intervención realizada con éxito coñecida en todo o estado, e mesmo internacionalmente.
Derrubando muros con pintura naceu hai máis de dous anos para curar con creatividade as feridas urbanísticas que, ao igual que en tantas vilas galegas, deixou o crecemento urbano de partir dos anos 60. A través da
arte urbana está a converter a capital bergantiñá nun auténtico museo ao aire libre. A primeiros de xuño de 2015 a iniciativa culminou na celebración do
Rexenera Fest, un festival de arte urbana que uniu a un coidado elenco formado por 5 artistas de distintas nacións, que interviron en cinco paredes de grande formato esparexidas polo casco urbano. Rexeneráronse espazos deteriorados, achegando valor engadido á paisaxe urbanística, dinamizando o tránsito peonil e expandindo os espazos de lecer nas zonas dos murais.