Oza éBaile
15:13 03/01/19
Baile interxeracional en Oza-Foto-Punto e Volta
Esta fin de semana tiveron lugar dúas fermosas citas tradicionais na bisbarra. aCentral Folque presentaba en Muxía o seu espectáculo Historia da tinta imaxinaria. A contadora Paula Carballeira e a regueifeira Alba María estiveron acompañadas da guitarra de Queco Díaz para facer da palabra arte.
En Oza, Carballo, a cousa tivo aínda máis pegada. A Escola do Alprende, aCentral e o o colectivo Punto e Volta artellaban a segunda parada do é-baile, proxecto artístico e educativo de aCentral Folque impulsado pola Deputación da Coruña.
A xornada comezou de viaxe polos viaxes tradicionais de Europa da man de Serxio Cobos. Un curso que tamén repasou certos puntos bergantiñáns (como a Muiñeira de Erbecedo ou o Maneo de Seavia recén gravadas en Oza).
Ademais, Cobos tamén presentou o proxecto Bailegramas, a primeira proposta dun sistema de notación especifico para o baile tradicional galego, onde se recollen os puntos e demais xiros dos nosos bailes.
A partir das 20:00h era hora do concerto. O propio Cobos e Óscar Fernández tocaron músicas relacionadas co curso e Mercedes Prieto guiou o baile.
E abriuse a veda. Na foliada participaron moitisimos grupos, principalmente da comarca de Bergantiños, pero tamén doutras zonas, como Muros, A Silva (Cerceda), San Pedro de Nós (Oleiros) ou Abegondo. A título individual mesmo houbo xente que chegou de Ourense ou A Fonsagrada, para gozar dunha sesión que se alongou ata altas horas da madrugada.
Concerto-foliada en Oza con eBaile-Foto-Punto e volta
Concerto-foliada en Oza con eBaile-Foto-Punto e volta
Oscar Fernandez e Serxio Cobos en Oza-Foto-Punto e volta
Encontro inrterxeracional en Oza-Foto-Punto e volta
Ducias de nenos e nenas na foliada de eBaile en Oza-Foto-Punto e Volta
Gaitas na foliada eBaile de Oza-Foto-Punto e Volta