Venres. 19.04.2024
El tiempo

Santa Comba analiza dende todos os ángulos a situación do lobo nas súas Xornadas Nacionais

Santa Comba analiza dende todos os ángulos a situación do lobo nas súas Xornadas Nacionais
II Xornadas do lobo de Santa Comba 2017

Dificilmente mellorable o Programa das II Xornadas Nacionais do Lobo de Santa Comba. Despois de situarse xa coa primeira edición entre as citas imprescibles en toda España arredor do canis lupus, esta fin de semana, o Edificio Multiusos xalleiro volverá ser o centro o centro dun debate de moitos anos.

Así, estes sábado 25 e domingo 26, a vila xalleira acollerá especialistas que analizarán a situación deste lendario animal dende todas as perspectivas.

As xornadas arrincan o venres 24 cunha proxección para os centros de ensino da comarca, que xa foi todo un éxito o ano pasado. O documental “Marcos El Lobo Solitario” servirá ara amosarlles a incible historia da vida de Marcos Rodríguez Pantoja, “El niño salvaje de Sierra Morena”. Un home que volverá ser un dos grandes protagonistas destas Xornadas, contando a súa vida en primeira persoa na tarde do sábado.

Outros dos grandes nomes destas xornadas será o de Odile Rodríguez de La Fuente, filla do mítico naturalista e divulgador dos potenciais medioambientais de España, Félix Rodríguez de la Fuente.

Ademais, as Xornadas traerán visións de todas as partes implicadas: axudas das administracións; membros do Seprona; expertos de explotacións gandeiras; xentes do mundo do turismo; conservacionistas, biólogos e veterinarios; alcaldes de zonas semellantes; profesionais da comunicación natural… Todos os puntos de vista sobre o cánido nestas imprescindibles xornadas.

Programa das II Xornadas Nacionais do Lobo de Santa Comba 2017

SÁBADO 25 10:00 Recollida de documentación e presentación 10:30 h. Inauguración das Xornadas coa presenza da Alcaldesa de Santa Comba e das autoridades da Consellería de Medioambiente, territorio e infraestructuras da Xunta de Galicia. 11:00 h Intervención de Dna. Odile Rodríguez de La Fuente, filla do mítico naturalista e divulgador dos potenciais medioambientais de España, Félix Rodríguez de la Fuente. 11.20 As administracións públicas ó servizo da convivencia. Ponencia: Cifras de lobos/Axudas os danos/Procedementos administrativos 12:00 h. Seprona (corpos e forzas de seguridade do estado) Ponencia: “O traballo de conservación do noso medio é labor de todos”. 12:45 h. Pausa-Café. 13:00 h. D. Xabier Fernández Arias. Licenciado en bioloxía e xerente da explotación de vacún “Pazo de caldeloba”- Lugo. Ponencia: Experiencia de disuasión do lobo no entorno das gandeirías galegas. 13:45 h. D. Antonio Campesino, Director técnico de “Zamora Natural- Turismo activo y naturaleza”. Ponencia: “Emprender na natureza co turismo medioambiental. A experiencia na Sierra de la Culebra”. 14:30 Comida 16:30 h D. Felipe Requena, geógrafo e presidente de Acción Lobo, Asociación referente na defensa do lobo ibérico e da súa convivencia dentro do entorno natural en España a través da educación e concienciación da sociedade. Ponencia: “Convivencia entre o ser humano e o lobo?. Por suposto que é posible”. 17:30h. Carlos Sanz, Biólogo do Centro do Lobo Ibérico de Castela León. Ponencia: “A vida do lobo en cautividade. A experiencia nun centro de referencia”. 18:15 h. Pausa-Café. 18:30h. D. Juan Carlos Gil Cubillo, Biólogo, autor de diversos estudios, documentais e libros sobre o lobo ibérico. Ponencia. O lobo: Compañeiro desde tempos ancestrais do ser humano. Historia dunha convivencia. 20:30h.D. Marcos Rodriguez Pantoja “El niño salvaje de Sierra Morena”. Abandonado desde neno en Sierra Morena e criado durante 12 anos por unha manada de lobos, sen ningún contacto coa humanidade, só en compaña de lobos, águias e outros animais ata o seu descubrimento pola Guardia Civil. Na súa vida está basada a película “Entre Lobos” e o documental “Marcos El Lobo Solitario”. 21:00h Saída da Quedada BTT Nocturna “Rutas do Lobo” DOMINGO 26 10:00h D. Javier de los Nietos, Alcalde de El Boalo-Cerceda-Mataelpino (Madrid). Ponencia: Novedosa iniciativa para minimizar as perdas dos gandeiros. 11:00h. D. Juan Delibes, director do canal de televisión Caza e Pesca. Ponencia: Posibilidades deportivas no medioambiente. Entender a caza como un deporte e un motor do mundo rural. 12:00h. Mesa redonda. Debate sobre a solución da problemática da convivencia actual entre o ser humano e o lobo, coordinada pola Facultade de Veterinaria da Universidade de Santiago de Compostela. 13:15. Ponencia: Introducción á temática da hibridación entre o lobo e o can na Costa da Morte. Coordinada por D. Francisco Javier Lema Fuentes “Chisco Lema”, Veterinario e naturalista experto en lobos e estudioso dos movementos de lobos na Costa da Morte 14.00h Conclusións finais das xornadas. Con Álex Lachhein, Colaborador de 4º Milenio, e Manuel Calvo, director técnico das xornadas e xerente da empresa medioambiental Spartana Control Service. 14:30h Clausura das Xornada, coa Alcaldesa de Santa Comba María J. Pose Rodríguez.  

II Quedada Nocturna BTT

BTT Nocturna Ruta do Lobo Santa Comba 2017

A II Quedada Nocturna BTT As Rutas do Lobo, que artella o club Santa Comba artella co Concello está programada para o sábado 25 de marzo, con saída ás 21:00h da zona do Multiusos.

Xa poden facer online a inscrición.

Novas relacionadas

Outras novas

Máis vídeos naturais

Fonte

Comentarios