QPC báixase de X
08:00 15/11/24
Seguindo a liña de xornais curmáns da rede de Galicia Confidencial, como o Xornal da Coruña, o diario dixital da Costa da Morte Quepasanacosta dexa a rede social X, antes coñecida como Twitter.
QPC deixará de publicar chíos de forma directa na rede social X e deixará en suspenso as súas contas, xa que desde a chegada do magnate Elon Musk, esta rede é un altofalante das teorías da conspiración, de noticias falsas e unha plataforma claramente virada a posicións populistas, racistas e vinculadas á ultradereita.
O diario segue compartindo historias na rede Instagram (@quepasanacosta) e Facebook (@Que pasa na Costa).