Venres. 26.04.2024
El tiempo

Santa Comba, capital nacional do consenso sobre o lobo

Santa Comba, capital nacional do consenso sobre o lobo
Manuel Calvo, director técnico das xornadas e xerente da empresa medioambiental Spartana Control Service, xunto coa alcaldesa de Santa Comba Manuel Calvo, director técnico das xornadas e xerente da empresa medioambiental Spartana Control Service, xunto coa alcaldesa de Santa Comba

Probablemente tardemos en recoñecer a importancia destas Xornadas Nacionais do Lobo de Santa Comba. Pero moitos xa valoran “a coraxe de tratar este tema tan complexo e controvertido dende unha visión de consenso, coa participación de todos os sectores que se ven afectados pola presencia do lobo ibérico”. Así o explicou Odile Rodríguez De La Fuente, a filla do mítico divulgador natural, que a pesar de non poder estar presente no Multiusos, si que mandou este vídeo expresando a súa opinión:

 

Unhas Xornadas que afianzan, despois da repercusión do ano pasado, á vila xalleira como a capital nacional do querido e temido cánido.

Unhas Xornadas que analizaron a problemática dende todos os ángulos, dende os máis conservacionistas ata o máis prácticos, coincidindo na loita contra as posturas máis radicais que empañan esta batalla: a da conservación e da convivencia dun dos animais salvaxes máis simbólicos da península ibérica.

Unhas Xornadas que tratan de manter vivo o lobo nas nosas terras, pero dende o amor á natureza, e o amor á especie humana e a dignificación do mundo rural.

Xornadas Nacionais do Lobo de SAnta Comba 2017 Xornadas Nacionais do Lobo de Santa Comba 2017

Especial atención, un ano máis, cobrou Marcos Rodríguez Pantoja, o peotagonista vital da historia do filme, “El niño salvaje de Sierra Morena”. Pero é que nas xornadas estiveron grandes especialistas como os biólogos Carlos Sanz, Juan Carlos Gil Cubillo e Xabier Fernández Arias; o xeógrafo e presidente de Acción Lobo Felipe Requena; o alcalde Javier de los Nietos; os comunicadores Juan Delibes e Álex Lachhein ou o ex alcalde corcubionés e gran experto na fauna da zona, Francisco Javier Lema Fuentes, “Chisco”.

Marcos Garcia Pantoja en Santa Comba nas Xornadas Nacionais do Lobo Marcos Garcia Pantoja en Santa Comba nas Xornadas Nacionais do Lobo Publico asistente as Xornadas do Lobo de Santa Comba 2017 Público asistente as Xornadas do Lobo de Santa Comba 2017 Mesa Redonda nas Xornadas Nacionais do Lobo Mesa Redonda nas Xornadas Nacionais do Lobo O Concello de Santa Comba tivo un detalle cos ponentes nas Xornadas Nacionais do Lobo O Concello de Santa Comba tivo un detalle cos ponentes nas Xornadas Nacionais do Lobo Marcos Garcia Pantoja coa concelleira e a alcadesa de Santa Comba no photocaal Marcos Garcia Pantoja coa concelleira e a alcadesa de Santa Comba no photocall

Conclusións

Todos os presentes, boa parte do máis granado do sector do lobo de España, incluído varios que traballaron cóbado con cóbado con Félix Rodríguez de la Fuente, asinaron ao remate das xornadas un Manifesto de Conclusións que aquí recollemos integramente:

As II Xornadas Nacionais do Lobo que teñen lugar en Santa Comba durante os días 25 e 26 de Marzo de 2017 dan continuidade ás que hai un ano celebrábanse nesta mesma localidade. Os responsables desta actividade ambiental do Concello de Santa Comba, xunto cun grupo de naturalistas, sentiron a necesidade de achegar á sociedade un tema tan de actualidade como é o do lobo ibérico. Sendo a comarca de Xallas un paradigma da estrutura rural de Galicia, e sendo esta unha das Comunidades Autónomas onde aínda pervive unha importante poboación deste emblemático cánido silvestre, era necesario crear un foro de debate e exposición sobre a bioloxía e os múltiples e variados aspectos que envolven ao mundo do lobo e ás súas relacións coa comunidade humana, coa que comparte territorio. A convivencia do home e o lobo supón cada día un reto para as administracións públicas, para os gandeiros e tamén para o propio cánido. Distintos sectores da sociedade están a pedir un entendemento para preservar un animal que supón un elemento vivo da cultura dun pobo que conviviu co lobo desde tempos inmemoriais. Ademais, o seu papel na ecoloxía do medio é moi importante para o mantemento das poboacións de ungulados silvestres sobre as que depreda, provocando un efecto positivo por selección natural. Pero ben é certo que os sectores afectados, como son especialmente os gandeiros, deben sentir o apoio e o respaldo do resto da sociedade, para que as súas actividades non se vexan mermadas pola coexistencia co lobo no medio natural onde conviven. Con estas xornadas preténdese profundizar no coñecemento desta especie, tan importante ecoloxicamente como controvertida. O coñecemento leva a entender o porqué das súas actuacións e serve de base para buscar posibles solucións. No mundo do lobo conflúen actualmente múltiples intereses de diversa natureza. Defensores e detractores deben buscar un marco de entendemento no cal expoñer as súas inquedanzas e debater sobre as posibles fórmulas que permitan limar asperezas e suavizar discrepancias, e para o que é necesario que todos teñan unha boa predisposición ao diálogo. O reto final dunha sociedade avanzada e democrática como a nosa é lograr un consenso maioritario, desde o respecto mutuo, que debuxe un marco de entendemento entre tódolos sectores implicados e afectados, co obxectivo primordial de conservar todas as especies no seu medio natural, e de forma especial ao lobo. Os participantes, asistentes, persoas físicas, entidades e asociacións adheridas a este manifesto propoñen as seguintes iniciativas para lograr a necesaria coexistencia entre o lobo e o home, e a súa compatibilidade nos hábitats e ecosistemas que ambos comparten: 1.- Crear, organizar e celebrar foros de información e debate sobre o mundo do lobo, que permitan plantexar e expoñer pública e sosegadamente as diferentes posturas de todos os sectores implicados dunha ou outra forma na conservación da especie. 2.-A- Favorecer o entendemento, a comprensión mutua e a tolerancia entre os distintos sectores afectados pola xestión do lobo (administracións públicas, científicos, conservacionistas, gandeiros, cazadores ...), renunciando explicitamente a calquera tipo de accións nin reivindicacións violentas, que unicamente provocan radicalismos e enfrontamentos entre os diferentes colectivos. 2.-B.- Denunciar publicamente o emprego de cepos, lazos, velenos e todo tipo de métodos ilegais para a captura de lobos e outros animais, procurando erradicar dos nosos montes a secuela do furtivismo. Tolerancia cero cos furtivos, que son as auténticas “alimañas” da Natureza. 3.- Fomentar a educación ambiental, a divulgación e o coñecemento da problemática e da situación actual do lobo nos centros educativos, de formación rural e de lecer. 4.- Propoñer e informar dos avances e dos sistemas de protección máis eficaces para a defensa do gando no mundo rural, tales como o acompañamento dos rabaños por pastores, a utilización de burros e, especialmente, de mastines, o emprego e reforzamento de cercados e cerramentos (fixos e móbiles), os pastores eléctricos, as barbacanas, os sistemas de disuasión sonoros, lumínicos e olorosos,... 5.- Incentivar desde as Administracións Públicas as medidas de prevención contra os ataques do lobo e axilizar as liñas de indemnizacións para os sectores afectados. Elaborar baremos de indemnización que contemplen todas as perdas que sofre o gandeiro, tendo en conta o lucro cesante; o que evitaría en parte a conflitividade social e facilitaría a implantación de medidas de conservación do lobo. 6.- Abrir un foro de diálogo para recoller propostas e actualizar periodicamente os plans de xestión do lobo. 7.- Apoiar e incrementar os estudos sobre a bioloxía e a ecoloxía do lobo nos seus distintos ambientes naturais e as súas relacións co home. 8.- Establecer un sistema de formación e asistencia para aconsellar e dar solucións aos gandeiros que teñan problemas co lobo. Axudar ao establecemento de medidas preventivas. 9.- Promover e impulsar a publicación de artigos, libros e notas informativas, e a realización de exposicións e campañas de comunicación didácticas, divulgativas e de sensibilización, que logren mellorar a percepción que a poboación ten sobre o lobo, especialmente no medio rural.

Novas relacionadas

Outras novas

Vídeos naturais

Fonte

Comentarios