Mércores. 18.09.2024
El tiempo

Últimos días para enviar traballos ao Premio a artigos xornalísticos de Carballo

Últimos días para enviar traballos ao Premio a artigos xornalísticos de Carballo
Premios Artigos Normalizadores Carballo 2013

O prazo de presentación de traballos para participar no IX Premio a artigos xornalísticos normalizadores Concello de Carballo 2013 sigue aberto ata mañá, mércores 11 de abril. Un certame promovido polo Servizo de Normalización Lingüística (SNL) do Concello de Carballo e no que colabora QPC entre unha ducia de medios.

O ano pasado foi Carlos Callón o gañador, e este ano hai un premio de 1.000 euros e a difusión do artigo gañador nos 12 medios de comunicación que colaboran co certame.

Este certame xa consolidado ten como obxectivos promover a reflexión sobre a situación social da lingua galega, crear espazos nos xornais para analizar e fomentar o uso e prestixio do idioma galego e promover o seu uso na prensa.

Máis información e inscrición

As bases completas poden consultarse no sitio web do Concello de Carballo (www.carballo.org). Tamén se pode obter máis información no Servizo de Normalización Lingüística, no teléfono 981 704 304 ou no enderezo electrónico [email protected].

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios