Xoves. 25.04.2024
El tiempo

Unha guía para navegar en galego

Unha guía para navegar en galego

Grande aposta destes grandes concellos pola internet. Pola internet, en galego, ademais. A sintonía entre estes os Servizos de Normalización Lingüística (SNL) dos 4 concellos (2 gobernados polo BNG, un polo PSOE e outro polo PP) é total en materia de normalización lingüística, algo que agrada e non deixa de sorpreder.

A última aposta conxunta é a nova guía "Os meus favoritos", unha guía para difundir o uso de galego en internet. Nela poderemos atopar preto de 200 sitios web en galego de distintas temáticas. Con "Os meus favoritos" preténdese contribuír á difusión da información en lingua galega, ao mesmo tempo que da música, do deporte, da creación artística... Tamén ao uso en galego dos sistemas operativos, paquetes ofimáticos, navegadores ou redes sociais como Facebook ou Tuenti.

Os 8.000 exemplares da guía difúndense en centros de ensino, asociacións, espazos municipais, etc.

Por certo, que QPC tamén aparece na sección de "Xornais e información xeral".

O 17 de maio é o Día... de Internet

Desde o ano 1963 celebramos e reivindicamos o 17 de maio, Día das Letras Galegas, a nosa lingua e as nosas letras pero, a partir de 2006, ese mesmo día celebramos, ademais, o Día de Internet. Todo isto fai que o 17 de maio sexa unha xornada de celebración e reivindicación simultánea que se converte nunha moi boa ocasión para intensificar a relación imprescindible entre a lingua e a rede.

A idea é clara:

  • O galego precisa de internet e internet precisa do galego.

Máis información

Fonte

  • Nota de prensa dos Servizos de Normalización Lingüística (SNL) dos concellos de Carballo, Malpica de Bergantiños, Ponteceso e Zas.

Comentarios