Xoves. 28.03.2024
El tiempo

Varilongo: Unha mina de cine e de libro

Varilongo: Unha mina de cine e de libro

As minas de Wolframio de Varilongo tenen pelicula e libro As minas de Wolframio de Varilongo tenen pelicula e libro

Este venres tivo lugar a estrea do filme Lobos Sucios, gravado nas minas de Varilongo de Santa Comba. Cines de todo o estado proxectarán esta historia nazi arredor do wolframio, entre eles os cines da Coruña e de Carballo.

E precisamente sobre as minas de wolframio, e no marco do programa Primavera Cultural, Santa Comba acollerá, o sábado 16 ás 18:30h, a presentación do libro da escritora xalleira Carmen Blanco, “O Volframio en Varilongo”.

Blanco, que tamén está inmerso nun proxecto sobre as heroínas da dictadura, trae a historia desta mina e todo o seu arredor entre os 1941 e 1963. A mina é a protagonista desta obra que arrinca nos anos da Segunda Guerra Mundial. Blanco entrevistouse con numerosas persoas que tiveron que ver coa mina.

Xesús Alonso Montero así o define para Xerais:

A febre e o gaño deste ouro negro mesmo suscitou versos ó xeito popular, como as “cantareas” recollidas nun capítulo deste libro.É o ouro que disputaban, felinamente, axentes dos nazis e axentes dos aliados para perfeccionaren as súas terribles armas de guerra. Disputas nas que, en ocasións, atopamos empresarios, traballadores ben pagos e veciños que andaban “á roubeta” perseguidos pola Garda Civil. Alá no fondo, movendo algúns dos fíos do negocio, xentes moi vinculadas a Franco, como o seu cuñado Ramón Serrano Suñer (ex-ministro), o capitalista Ildefonso Fierro ou o pai de Cristóbal Martínez Bordiu.Entre os que gañaron o pan nas minas de Varilongo está unha familia ilustre, honrada e castigada: os Liste (seis membros) da parroquia de Calo, con Eduardo Liste Forján á cabeza, irmán de Enrique Líster, o heroico capitán das milicias republicanas.Esta é a primeira monografía sobre o tecido sociopolítico do volframio galego, que tantas cobizas enfrontou e tantos hábitos mudou noutras partes de Galicia, desde as ricas minas de Silleda ós pequenos filóns de San Paio de Ventosela, nas terras de Ribadavia.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios